Arosa S.C. «B»  3 – 5 Benxamíns

Os Benxamíns abriron a xornada de fútbol base deste sábado no Manuel Jiménez de Vilagarcía. Os nosos comezaban a segunda fase ligueira dentro do grupo D3 ante o Arosa S.C. «B». Os Benxas firmaron un bo partido, moi completo, con dominio e varias ocasións de gol.

Abriu a lata Enzo cunha gran definición ante Álex. Héctor facía o segundo cun lanzamento de falta que foi ao pao e adentro. O Arosa recortou cun lanzamento lonxano que bota diante de Lucas e ante o que nada pode facer o gardameta morañés. Este 2-1 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, Brais aproveitando un rexeite na frontal tras un córner fai o 1-3. Manu, cun disparo dentro da área poñía máis terra de por medio co 1-4. Non baixaron os brazos os locais, que cun lanzamento de falta directa facían o 2-4 e o 3-4 aproveitando un balón morto en boca de gol tras un rexeite. Agardaba un final de infarto, pero Fabio no último minuto sentenciaba co 3-5 para confirmar a victoria e facerse cos puntos. Noraboa a ambos equipos polo gran partido que nos fixeron vivir!!

Ficha técnica

Arosa S.C. «B»: Álex, Leo, Pablo, Brais, Hugo, Aimar, Joel, Xian e Marcos.

Moraña C.F.: Lucas, Diego, Fabio, Xabi, Dani, Breixo Ferrín, Héctor, Enzo, Brais, Manuel, Breixo Oubiña e Xoel.

Goles: Enzo, Héctor, Brais, Manu e Fabio


S.D. Puentearnelas 4 – 1 Infantiles

Visita ás Chans dos nosos Infantiles na súa xornada ligueira. Un encontro que comezou ben para os nosos co gol de Rodri no minuto 3. Yago no 25 facía o empate, chegando con este 1-1 ao descanso. Na segunda metade os locais tomaron vantaxe no último tramo. Breixo facía o 2-1 no 68, e Yago e Adrián facían dous goles máis a un Moraña volcado en buscar o empate. Bo traballo rapaces, a seguir así.

Ficha técnica

S.D. Puentearnelas:  Óscar, Gabri, Christian, Mateo, Joaquín, Brais, Fabeiro, Yago, Mateo, Breixo e Adri. Tamén xogaron Rubén e Sergio.

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Bruno, Iker, Rubén, Nico, Mateo e Rodri. Tamén xogaron Óscar, Diego Quibén, Diego Fariña e Iago.

Goles: 0-1 Rodri (min.2); 1-1 Yago (min. 25); 2-1 Breixo (min. 68); 3-1 Yago (min. 74); 4-1 Adrián (min. 83).


Xuveniles 2 – 1 C.D. Lérez «B»

Encontro cheo de emoción e que se definiu no último suspiro dos nosos Xuveniles. Os nosos rapaces lograron chegar ao descanso con vantaxe mínima no marcador, grazas ao gol de Pablo Grande no minuto 33. E a pesares do esforzo de ambos conxuntos, parecía que ese ía a ser o marcador final. Pero no 83, Pablo facía a igualada para os pontevedreses. O Moraña non acusou o golpe e só un minuto despois volvía poñer terra de por medio con gol de Leroy, que firmaba o definitivo 2-1. Gran victoria, chavales!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Anxo, Rubén, Raúl, Abel, Álex, Pereira, Pablo Grande, Domi, Leroy e Dani Fontán. Tamén xogaron Hugo, Pablo, Aday, Damián e Jorge.

C.D. Lérez «B»: Jesús, Bryan, Álex, Salva, Emmanuel, Pablo, Mario, David, Miguel, Manu e Antonio. Tamén xogaron Christian, Gabriel, J. Manuel e Carlos.

Goles: 1-0 Pablo Grande (min. 33); 1-1 Pablo (min. 83); 2-1 Leroy (min. 84).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario