C.F.B. Poio 8 – 1 Benxamíns

Os nosos Benxamíns tiveron un encontro complicado esta fin de semana, enfrontándose ao segundo clasificado. Os locais adiantáronse cedo, tras unha boa xogada por banda na que batiron a Breixo. Cun Moraña que tentaba salir xogando e un Poio que facía unha presión moi alta, os roubos e as ocasións foron contínuas. Así, foron quen de poñerse cun claro 0-4 ao descanso.

Na segunda metade os nosos melloraron moito no xogo, chegando incluso a marcar por medio de Diego tras aproveitar un rexeite do porteiro. Tiveron máis ocasións os benxas pero de novo os locais se mostraron superiores aproveitando as rápidas contras. Cun saque de falta e tras un córner quedaba certificado o resultado final de 8-1. Malia a este resultado, bo traballo dos nosos.

Ficha técnica

C.F.B. Poio: Ramón, Tiago, Arís, Antonio, Viggo, Adrián, ALberto, Marcos, Anxo e Mateo.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Diego, Brais,  Dani, Breixo Ferrín, Héctor, Enzo, Xoel, Samu, Xabi, Manuel e Lucas.

Infantiles 4 – 1 E.F.B. Cangas «B»

Os Infantiles continúan noa boa liña que están marcando nesta segunda metade da tempada, cun encontro moi completo ante a E.F.B. Cangas «B». O marcador tardou en moverse, pero xusto antes do descanso, Lucas abría a lata e poñía o 1-0 co que se chegou ao descanso. Aumentou Rubi a vantaxe na reanudación, pero no 68 Hugo poñía emoción no partido, colocando o 2-1. No último tramo dous novos goles de Rubén (71 e 79) pechaban o encontro e certificaban a victoria. A seguir así!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubi, Rodri, Aarón, Pablo, Bruno e Mateo. Tamén xogaron Óscar, Aleixo, Diego Quibén, Diego Fariña e Antón.

E.F.B. Cangas «B»:  Xoel, Joel, Manu, Xavi, Álex, Ero, Pablo, Anxo, Álex Christian e Lucas. Tamén xogaron Mael, Juan , Adán, Iván e Hugo.

Goles: 1-0 Lucas (min. 38); 2-0 Rubi (min. 52); 2-1 Hugo (min. 68); 3-1 Rubi (min. 71); 4-1 Rubi (min. 79).

Xuveniles 3 – 0 Barro C.F.

Nova xornada e nova victoria para os Xuveniles, que se fixeron co Derbi ante os nosos veciños do Barro C.F. Un encontro traballado e no que se tivo que loitar a reo para sacar os puntos. Aday poñía en vantaxe ao Moraña no 28, facendo Álex antes do descanso o 2-0 que daba tranquilidade. Pero na segunda metade o Barro non baixou os brazos e xa no tramo final Álvaro facía o definitivo 3-0. Tres novos puntos para afianzarse no liderado e que poñen cerca que este grupo se faga coa súa liga. Vamos!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Rubén, Abel, Álex, Pereira, Domi, Pablo, Aday, Damián, Jorge e Dani. Tamén xogaron Álex G., Anxo, Álvaro e Lucas.

Barro C.F.:  Iván, Álex García, Anxo, Rubén, Álex Dominguez, Mateo, Domi, Pablo Mouriño, Aday, Pablo Grande e Dani Fontán. Tamén xogaron Lucas, Abel, Damián e Jorge.

Goles: 1-0 Aday (min. 28); 2-0 Álex (min. 41); 3-0 Álvaro (min. 86)

Compárteo!

Deixa un Comentario