Benxamíns 0 – 6 E.F.B. Mosteiro C.D.

Os Benxamíns abriron esta xornada de sábado recibindo no Buelo ao Mosteiro C.D. Un rival que se mostrou superior en case todo o encontro pero ante o que os nosos rapaces traballon e non baixaron os brazos. Xa nos primeiros minutos os visitantes puxeron terra de por medio, logrando vantaxe clara ao descanso, que xa non se moveu na segunda metade. Bo traballo dos Benxamíns, a seguir así!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Diego, Fabio, Xabi, Manuel, Dani, Breixo Ferrín, Xoel, Samu, Enzo, Breixo Oubiña e Borja.

Mosteiro C.D.: Alonso, Álex, Eloy, Martín, Piero, Diego, Xabi, Gabriel, Unai, Sabela, Joel e José Carlos.

Goles: 0-1 Gabriel (min. 2); 0-2 Piero (min. 10); 0-3 Xabi (min. 11); 0-4 Piero (min. 13); 0-5 Diego (min. 16); 0-6 Álex (min. 24).

 

S.C.D. Puentecaldelas 0 – 4 Infantiles

Viaxaban os nosos Infantiles á Pontecaldelas, para enfrontarse ao equipo local nesta nova xornada ligueira. Os nosos saíron enchufadísimos, e antes do minuto 10 xa iban con clara vantaxe. Lucas no 6 e Yosi no 8 encarrilaban claramente o encontro. Así se chegou ao descanso.

Na segunda metade Bruno no 58 e Rubén no tramo final sellaban o definitivo 0-4 co que remataba o encontro. Bo traballo deste grupo, que vai medrando partido a partido.

Ficha técnica

S.C.D. Puentecaldelas:  Adan, Alexandre, Sara, Darío, Dani, Uxío, Oliver, Miguel, Erik, David, Mauro. Tamén xogou Isaac.

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Diego, Yosi, Lucas, Iago, Rubi, Rodri, Aarón, Pablo, Antón e Bruno. Tamén xogaron Ethan, Diego, Iker, Nico e Darío.

Goles: 0-1 Lucas (min. 6); 0-2 Yosi (min. 8); 0-3 Bruno (min. 58); 0-4 Rubi (min. 76)

S.C.D. Puentecaldelas 0 – 4 Xuveniles

Na tarde do sábado pechaban esta xornada de fútbol base os nosos Xuveniles, tamén en Chan da Barcia e ante o mesmo adversario, a S.C.D. Puentecaldelas. De novo, partido solvente dos nosos rapaces que deixaron o partido case sentenciado na primeira metade. Co gol de Leroy e os dous de Mateo chegabamos ao descanso cun claro marcador de 0-3. Un novo gol de Mateo no arranque da segunda metade, pechou o marcador co definitivo 0-4. Noraboa, rapaces.

Ficha técnica

S.C.D. Puentecaldelas:  Santi, Pablo, Rubén, Alberto, Senén, Iván, Diego, Javi, Pablo, Estévez e Adri. Tamén xogaron Juan, Lucca, Carlos, Mauro e Marcos.

Moraña C.F.:  Iván, Álex G., Anxo, Álvaro, Álex D., Pereira, Mateo, Pablo, Leroy, Aday e Dani. Tamén xogaron Domi, Damián, Jorge e Jonathan.

Goles: 1-0 Leroy (min. 17); 0-2 Mateo (min. 22); 0-3 Mateo (min. 45); 0-4 Mateo (min. 49).

Compárteo!

Deixa un Comentario