E.F. Arcadia 1 – 4 Benxamíns

Xa a quinta xornada da Liga Benxamín, e desplazamento ata o Salgueirón para enfrontarse á E.F. Arcadia. Gran partido dos rapaces que comezaron adiantándose cedo (min. 2) por medio de Dani pero con réplica inmediata do Arcadia por medio de Adam. Pouco antes do descanso, Dani aproveitando un barullo na área facía o 1-2.

Na segunda metade, Héctor poñía máis distancia para os nosos cun disparo dende fóra da área, e o propio Héctor sentenciaba case no último minuto. Gran traballo, noraboa, rapaces!

Ficha técnica

E.F. Arcadia:  Dani, Nico, Raúl, Marcos, Aray, Valeria, Hugo, Diego, Adam Niko e Yasser

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Diego Torres, Xabi, Brais, Manuel, Dani,  Héctor, Samu, Fabio, Enzo e Lucas.

Goles: 0-1 Dani (min. 2); 1-1 Adam (min. 3); 1-2 Dani (min. 21); 1-3 Héctor (min. 31); 1-4 Héctor (min. 49).

Infantiles 2 – 4 Barro C.F.

Na mañá do sábado, os Infantiles recibiron ao Barro C.F. nun intenso derbi comarcal. O encontro empezou con bo ritmo e cun Barro que se puxo por diante no minuto 8 con gol de David. Marcos por dúas veces e Brais puxeron terra de por medio antes da media hora e Iker recurtaba antes do descanso.

Na segunda metade, Diego puxo máis cerca ao Moraña co 2-4 no minuto 46, pero o marcador non se moveu máis e este 2-4 foi o marcador definitivo. A seguir, rapaces

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Ethan, Diego, Yosi, Rubén, Nico, Rodri, Aarón, Pablo Montáns e Bruno. Tamén xogaron Pablo Ares, Iker, Anxo e Antón.

Barro C.F.:  Pedro, Hugo, Pablo, Anxo, Brais, Adri, Marcos, Kevin, Lois, Mencía e David. Tamén xogaron David Palacios, Pablo, Rubén e Crespo.

Goles: 0-1 David (min. 8); 0-2 Marcos (min. 19); 0-3 Marcos (min. 24); 04 Brais (min. 30); 1-4 Iker (min. 31); 2-4 Diego (min. 46).

Xuveniles 7 – 0 A.C.D. A Seca «B»

Clara victoria no Buelo dos nosos Xuveniles ante o filial da A.C.D. A Seca. Un encontro que se puxo de cara cedo, cun gol en propia meta de Álex no minuto 3, e que cos goles de de Rubén, Abel e Raúl chegaba con vantaxe clara de 4-0 ao descanso.

Na segunda metade o Moraña non baixou o pistón, pero non foron quen de marcar máis goles ata os últimos minutos, nos que Álex cun doblete e Pablo Grande certificaron o definitivo 7-0. Noraboa, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Anxo, Rubén, Raúl, Abel, Alex, Pereira, Mateo, Pablo, Leroy e Dani Fontán. Tamén xogaron Álvaro, Lucas, Dmi, Jorge e Pablo Grande.

A.C.D. A Seca «B»:  Hugo, Bieito, Saúl, Alberto, Martín, Duarte, Raúl, Álex, Jose, Manu e Yassin. Tamén xogaron Javi, Iago, Diego, Asier e Baños.

Goles: 1-0 Álex p.p. (min. 3); 2-0 Rubén (min. 26); 3-0 Abel (min. 29); 4-0 Raúl (min. 44); 5-0 Álex (min. 80); 6-0 Pablo Grande (min. 82); 7-0 Álex (min. 86)

Compárteo!

Deixa un Comentario