E.F.B. Cangas «B» 4 – 3 Benxamíns

Desplazamento lonxano para os nosos Benxas na mañán do sábado. Viaxe ata o Morrazo para xogar no Montecarrasco ante a E.F.B. Cangas o último partido da liga regular. Os nosos non saíron entonados facendo unha mala primeira metade na que encaixaron tres goles: dous en despistes defensivos e un de córner. A pesar de gozar de ocasións,  os nosos non marcaron.

Na segunda metade tralo paso polos vestiarios, os rapaces comezaron moito mellor, pechando ao rival na súa área. Malia a este bo comezo, de novo os locais facían o cuarto. Pero o Moraña non se veu abaixo e seguiron pelexando e a gozar de ocasións. Diego fixo o primeiro para os nosos cun tiro lonxano, Fabio faría o segundo e Brais aproveitando un rexeite o terceiro. Non deu tempo para acadar o empate, pero o equipo douno todo.

Gran traballo desta categoría Benxamín na Liga Regular, cunha mellora constante e cun paso adiante de todos os xogadores. A seguir!

Ficha técnica

E.F.B. Cangas «B»: Adri, Samu, Lucas, Nico, Gabriel, Asier, Carlos, Pedro, Mateo, Anxo, Jose Luís e Mateo.

Moraña C.F.: Lucas, Diego, Fabio, Xabi, Brais, Dani, Breixo Ferrín, Héctor, Omar, Breixo Oubiña, Borja e Raúl.


C.F.B. Poio «B» 6 – 2 Infantiles

Na mañán do domingo, os Infantiles viaxaron á Seca (Poio) para xogar ante a C.F.B. Poio «B». Un encontro que comezou moi ben para os nosos con dous goles de Rodri e Mateo nos 5 primeiros minutos que nos poñían por diante. Pero a reacción local non tardou en chegar e por medio de Cortizo cun hattrick antes do descanso, dábanlle a volta ao marcador 3-2.

Na segunda metade os locais seguiron aumentando a vantaxe, e cos goles de Aarón, Fran e de novo Cortizo, deixaron o marcador final no definitivo 6-2.

Ficha técnica

C.F.B. Poio «B».:  Hugo, Óscar, Adri, Fran, Anxo, Álex, Jimmy, Manu, Aarón, Cortizo e Manoel. Tamén xogaron Juan, Pablo, Diego, Enzo e Hugo.

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Pablo, Bruno e Mateo. Tamén xogaron Diego, Nico, Darío, Aarón e Antón.

Goles: 0-1 Rodri (min.2); 0-2 Mateo (min. 4); 1-2 Cortizo (min. 17); 2-2 Cortizo (min. 29); 3-2 Cortizo (min. 30); 4-2 Aarón (min. 60); 5-2 Fran (min. 71); 6-2 Cortizo (min. 76).


Unión Dena C.F. 3 – 3 Xuveniles

Sábado pola tarde nas Cachizas, os Xuveniles viviron un encontro cheo de alternativas polas dúas bandas. Os nosos deron o primeiro golpe por medio de Pablo Grande no minuto 10. Brais só tres minutos despois poñía a igualada para os locais, pero só 10 minutos despois Raúl dende os 11 metros deixaba ao Moraña por diante antes do descanso co 1-2.

A segunda parte seguiu pola liña da primeira, pero no último tramo o Dena logrou darlle a volta ao encontro. Sergio no 75 e no 87 Diego parecían decantar a balanza para o seu lado, pero só un minuto despois Abel facía o 3-3, que foi o resultado definitivo.

Ficha técnica

Unión Dena C.F.:  Iván, Héctor, Diego Gabriel, Sergio, Xabier, Óscar, Javi, Dani, Brais e Iván. Tamén xogaron David, Raúl, Diego, Christian e Kevin.

Moraña C.F.:  Iván, Isma, Ribén, Raúl, Álex D., Pereira, Pablo Grande, Domi, Pablo Mouriño, Leroy e Dani. Tamén xogaron Álvaro, Abel, Hugo, Aday e Chenlo.

Goles: 0-1 Pablo Grande (min. 10); 1-1 Brais (min. 13); 1-2 Raúl (min. 25, penalty); 2-2 Sergio (min. 75); 3-2 Diego (min. 87); 3-3 Abel (min. 88).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario