Benxamíns 5 – 3 E.F.B. Cangas «B»

Undécima xornada de Liga para os nosos Benxamíns, que van medrando a cada partido que xogan. Desta volta recibiron na tarde do sábado á E.F.B. Cangas «B» no Buelo. Un encontro que estivo moi igualado  e no que os visitantes marcharon con vantaxe ao descanso de 2-3. Pero que na segunda metade os nosos rapaces foron quen de sacar adiante, remontando e deixando o marcador no definitivo 5-3. Bo traballo, benxas!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Diego, Xabi, Brais, Dani Rey, Breixo Ferín, Héctor, Xoel, Fabio, Manuel, Enzo e Lucas.

E.F.B. Cangas «B»: Adri, Anxo, Samu, Nico, José Luis, Gabri, Asier, Pedro e Mateo.

Goles: Xoel, Enzo, Diego e Manu (2).

Infantiles 1 – 1 Indepo C.F.

Os Infantiles disputaron un encontro moi igualado ante a o Indepo C.F. no Buelo, no que ningún dos dous equipos se fixo co dominio. Tras unha primeira parte sen goles, todo quedaba para a segunda. Rodri adiantou ao Moraña ao pouco de voltar dos vestiarios, pero Diego facía o 1-1 pouco despois. Pese a gozar de ocasións ambos os conxuntos, este empate foi o resultado final. Xusto reparto de puntos e boa progresión dos nosos Infantiles.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Diego, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Aarón, Pablo e Mateo. Tamén xogaron Iago, Darío, Anxo, Antón e Bruno.

Indepo C.F.:  Aday, Pablo, Diego, Álex, Yahia, Rayan, Iker, Salh, Javi, Robledo e Christian. Tamén xogaron Brais, Nico, Anxo, J. Antonio e Matías.

Goles: 1-0 Rodri (min. 43); 1-1 Diego (min. 47).

Xuveniles 3 – 1 Salgueiriños C.F. «B»

Partido por todo o alto o que xogaban os nosos Xuveniles. Primeiro e segundo na clasificación e única derrota dos nosos no que vai de Liga polo que que a motivación era altísima. Así foi que os nosos saíron con todo, e xa no primeiro minuto Leroy poñía por diante ao Moraña. No 16, Mateo facía o 2-0 que poñía máis distancia. Así se foi ao descanso.

Na segunda metade, Ramón poñía emoción como 2-1 no minuto 53, pero Mateo no 67 facía o 3-1 e sentenciaba un encontro que daban tres puntos chave, co que os nosos empatan cos pontevedreses na táboa. Bo traballo, xuveniles!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Anxo, Rubén, Pablo Grande, Álex, Pereira, Mateo, Pablo, Leroy, Dani e Jonathan. Tamén xogaron Álex G., Lucas, Domi, ADay e Damián.

Salgueiriños C.F. «B»:  Iván, Julián, Óscar, Jaime, Mateo, Darío, Carlos, Roberto Miguel, Ramón y Guillermo. Tamén xogaron Miguel, Dani, Veiga, Nico e Jacobo.

Goles: 1-0 Leroy (min. 1); 2-0 Mateo (min. 16); 2-1 Ramón (min. 53): 3-1 Mateo (min. 67).

Compárteo!

Deixa un Comentario