S.C.D. Puentecaldelas 2 – 3 Benxamíns

Nova xornada de liga para os benxas, no que xogaron a gran nivel. Un encontro igualado dominado na primeira parte, tengo máis a posesión e cos nosos saíndo á contra. Abriu a lata Diego ao rematar un saque de esquina, pero o empate chegou cedo ao aproveitar un rexeite do noso meta.

Tivo opción o Puentecaldelas de adiantarse ao pitar o colexiado un penalti que se foi fóra… pero no último minuto da primeira metade cun novo penalti os locais poñían a vantaxe 2-1.

Na segunda metade os nosos benxas saíron con máis intensidade, dominando moito más o xogo e creando ocasións. De falta directa, Dani poñía a igualada, e Fabio culmina a remontada tras unha boa xogada na que Manu asiste para que remate de primeiras. Este 2-3 foi o resultado definitivo e con el, os puntos viñeron para Moraña. Gran traballo!!

Ficha técnica

S.C.D. Puentecaldelas: Iago, Matias, Denis, Oliver, Dani, Xurxo, Mateo, Diego, Brais, Enrique, Agus e Ángel.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Samu, Diego, Brais, Dani Rey, Breixo Ferín, Héctor, Enzo, Fabio, Xabi, Manuel e Lucas.

Infantiles 1 – 4 C.D. Soutomaior

Un encontro máis de Liga para os nosos Infantiles, que recibían ao C.D. Soutomaior no Buelo o sábado pola mañán. Un encontro que reservou os goles para a segunda metade, xa que fomos con empate 0-0 ao descanso. Nada máis arrancar a segunda parte, Abel adiantaba aos visitantes. Non foi ata o minuto 70 que o Moraña neutralizou esta vantaxe por medio de Diego Quiben. Pero nun último tramo trepidante, o Soutomaior cos goles de Anxo por partida doble e de novo de Abel poñía o 1-4 no electrónico. A seguir, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Aarón, Pablo, Bruno e Mateo. Tamén xogaron Diego Quiben, Diego Fariña, Iago, Nico e Darío.

C.D. Soutomaior:  Brais, Iago, Álex, Jesús, Suso, Abel, Anxo, Bruno, Javi, Rodri e Pablo. Tamén xogaron Héctor e Antón.

Goles: 0-1 Abel (min. 42); 1-1 Diego Quibén (min. 70); 1-2 Anxo (min. 71); 1-3 Abel (min. 79); 1-4 Anxo (min. 80+5)

Compárteo!

Deixa un Comentario