Barro C.F. 4 – 4 Benxamíns

Os nosos Benxamíns viaxaban ao Outeiro-Perdecanai para xogar un emocionante derbi ante os nosos veciños do Barro C.F. Un encontro moi competido e igualado no que non houbo un claro dominador do xogo. Comezou adiantándose no marcador o Moraña, con goles de Brais e Dani. Recortaría o Barro, mantendo dous de vantaxe Diego ao marcar antes do descanso.
Na reanudación, os locais voltarían a marcar para achegarse no marcador. Dani facía o cuarto para os nosos benxamíns, pero a tranquilidade non existía. Co Barro volcado en ataque no último tramo, lograron o empate a pouco do final. Os nosos voltaron intentalo pero xa non foron capaces de volver a marcar. Malia todo, un partidazo por parte dos dous equipos e xusto reparto de puntos. Gran traballo, benxas!!

Ficha técnica

Barro C.F.:  Ricardo, Damián, Iker, Eric, Iker M., Xabi, Abel, Leo, Iria e Hugo.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Héctor, Brais, Breixo Ferrín, Dani, Diego, Samuel, Xabi, Mamadou, Fabio, Enzo e Borja.

Goles: Dani (2), Diego e Brais

Infantiles 5 – 1 C.E.D. Cotobade

Bo partido o xogado na mañán do sábado no Buelo polos nosos Infantiles. Un encontro que os nosos sentenciaron na primeira metade con goles de Iker, Rodri, Diego, Bruno e Mateo, indo cun claro 5-0 ao descanso. Na segunda metade, o Moraña seguiu dominando pero sen concretar ese dominio en goles, Víctor facía o gol do Cotobade case co pitido final, deixando o electrónico no definitivo 5-1. Bo traballo, rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Diego, Yosi, Lucas, Ijer, Anxo, Rodri, Aarón, Pablo e Mateo. Tamén xogaron Óscar, Pablo, Iago, Antón. e Bruno.

C.E.D. Cotobade:  Breixo, Pablo, Anxo, Manu, Víctor, Cristian, Paula, Samu, Lara, Pedro e Marcos. Tamén xogou María.

Goles: 1-0 Iker (min. 19); 2-0 Rodri (min. 24); 3-0 Diego (min. 28); 4-0 Bruno (min. 31); 5-0 Mateo (min. 44); 5-1 Víctor (min. 77).

Xuveniles 2 – 1 Marcón Atl. «B»

Os Xuveniles volvían por fin a xogar un encontro despois do parón de Nadal, o aplazamento do encontro ante o Cesantes e a xornada de descanso. Dende o 18 de Decembro non competían, e a verdade é que comezaron con moitísimas ganas. Antes do minuto 10, Mateo anotaba un doblete para poñer aos nosos 2-0 por diante. Pero tras este comezo fulgurante, o encontro igualouse en gran medida. Raúl facía o 2-1 antes do descanso e deixaba todo aberto para a segunda metade.

Nos segundos 45 minutos a pesar das ocasións ningún dos dous equipos foi quen de marcar, e mantívose ese 2-1 no electrónico ata o pitido final. Tres novos puntos para os nosos Xuveniles que os manteñen na segunda plaza da clasificación.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Álex G., Anxo, Rubén, Raúl, Álex D., Pereira, Mateo, Pablo, Aday e Dani. Tamén xogaron Lucas, Hugo, Domi, Damián. e Jonathan.

Marcón Atl. «B»:  Xurxo, Álex, Alberto, Mario, Esteban, Martín, Raúl, Manu, Jorge, Ramiro e Martínez. Tamén xogaron Couso, Diego, Iker e Jairo.

Goles: 1-0 Mateo (min. 6); 2-0 Mateo (min. 9); 2-1 Raúl (min. 40).

Compárteo!

Deixa un Comentario