A.C.D. A Seca 0 – 0 S.D. Benxamíns

Xa a terceira xornada ligueira para os nosos Benxamíns, e novo desplazamento, desta volta ao Manolo Barreiro de Pontevedra. Un encontro moi igualado e competido por ámbolos conxuntos, na que as ocasións dos locais foron detidas polos porteiros morañeses. Os nosos tiveron un par de balóns que se estrelaron no pau… un día no que a pelota non quixo entrar. Ánimo e a seguir traballando así de ben!

Ficha técnica

A.C.D. A Seca «B».:  Nuno, Leo, Pedro, Pablo, Jorge, José, Oween, Valeria, Iván, Juan, Fran e Izan.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Diego, Xabi, Brais, Dani, Breixo Ferrín, Héctor, Enzo, Fabio, Xoel, Raúl e Lucas.

Infantiles 6 – 0 S.C.D. Puentecaldelas

Recibiron na mañá do sábado os nosos Infantiles á S.C.D. Puentecaldelas na súa segunda xornada ligueira. Un encontro que os nosos rapaces solventaron ben e no que fixeron un gran traballo. Tras unha gran primeira metade na que foron ao descanso con vantaxe de 5-0, na segunda metade seguiron dominando e tendo ocasións, para deixar o electrónico no 6-0 final. Bo traballo, a seguir así!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Ethan, Diego, Yosi, Lucas, Rubén, Anxo, Rodri, Aarón e Pablo Montáns. Tamén xogaron Iago, Nico, Darío, Antón e Bruno.

S.C.D. Puentecaldelas.:  Darío, Aarón, Sara, Pelayo, Dani, Uxío, Hugo, Miguel, Erik, Nico e Isaac Tamén xogaron David e Ariadne.

Marcaron:Lucas, Yosi, Rodri, Aleixo, Diego e Rubi.

Infantiles 8 – 1 S.C.D. Puentecaldelas

Tamén na mañán do sábado e tralo encontro dos Infantiles foi o turno dos equipos Xuveniles de Moraña e de Puentecaldelas de enfrontarse.  Un partido que os noos rapaces encararon con forzza dende o primeiro minuto, poñéndose en vantaxe de 2-0 antes do cuarto de hora cos goles de Pereira e de Mateo. Pablo recurtaba no 18 para o Puentecaldelas. Pero cedo, o Moraña volvía a tomar vantaxe. Antes do descanso, Raúl e Álex facían dous goles para ir aos vestiarios cun claro 4-1.

Na segunda metade a tónica de dominio local foi a mesma, e cos goles de Raúl (2), Mateo e Lucas, o resultado final quedou en 8-1. Bo partido, a seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Anxo, Rubén, Raúl, Abel, Álex, Pereira, Mateo, Leroy, Dani e Jonathan. Tamén xogaron Lucas, Pablo, Aday, Jorge e Damián.

S.C.D. Puentecaldelas: Bieito, Alberto, Pablo, Rubén, Adrián, Mateo, Diego, Javi, Lucca, Anxo e Santiago. Tamén xogaron Juán, Senén, Adrí, Jorge e Marcos.

Goles: 1-0 Pereira (min. 10); 2-0 Mateo (min. 14); 2-1 Pablo (min. 18); 3-1 Raúl (min. 22); 4-1 Álex (min. 31); 5-1 Raúl (min. 55); 6-1 Mateo (min. 58); 7-1 Raúl (min. 70); 8-1 Lucas (min. 74).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario