Benxamíns 0 – 8 Umia C.F.

Os Benxamíns recibiron no Buelo ao líder da categoría, o Umia C.F. na mañán do sábado. Un líder que se mostrou intratable e que pese ao esforzo dos nosos dominou o encontro nos 50 minutos. Fomos ao descanso xa con clara vantaxe 0-3 e pese a que na segunda os nosos lograron ter algunha ocasión, o Umia seguiu dominando e marcando ata o 0-8 final. Un día para aprender e para seguir medrando. Ánimo e a seguir rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Lucas, Héctor, Brais, Breixo Ferrín, Diego, Xoel, Mamadou, Samuel, Manu, Enzo e Fabio.

Umia C.F.: Adrián, Brais, Martín, Xabi, Pablo, Hugo, Guiller, Óscar, Rodri e Diego.

C.E.D. Cotobade 1 – 4 Infantiles

Victoria traballada da nos categoría Infantil nas Extremas de Cotobade. Un encontro no que comezaron mandando co gol de Antón (min. 11) pero con reacción local, que por medio de Marco empataban no 14. Mediada a primeira parte Diego Quibén poñía o 1-2 co que se foi ao descanso.

Tras unha segunda parte bastante igualada no último momento os nosos lograron aumentar a vantaxe con goles de Iker e Rodri. 1-4 resultado final. Bo traballo destes rapaces!!

Ficha técnica

C.E.D. Cotobade: María, Milos, Anxo, Manuel, Víctor, Cristian, Noa, Pedro, Marco, Marcos e Samu. Tamén xogaron Pablo, Breixo, Paula e Álex.

Moraña C.F.: Óscar, Aleixo, Diego F., Lucas, Iago L., Iker, Nico, Rodri, Antón, Bruno e Mateo. Tamén xogaron Diego Q., Pablo, Darío e Iago M.

Goles: 0-1 Antón (min. 11); 1-1 Marco (min. 14); 1-2 Diego Q. (min. 25); 1-3 Iker (min. 78); 1-4 Rodri (min. 79).

Marcón At. «B» 3 – 5 Xuveniles

Os Xuveniles afrontaban o último encontro da primeira fase da Liga para certificar a súa primeira posición. E remataron cunha nova victoria esta participación, desta volta ante o Marcón Atlético, con 14 victorias, un empate e só unha derrota.

Malia todo, non foi un partido cómodo para os nosos, que pese a que se adiantaron no minuto 10 por medio de Álex, vían como Martín empataba só 3 minutos despois. Pereira e Rubén poñían terra de por medio antes do descanso, pero Hugo facía o 2-3 que deixaba incertidume. Na segunda metade, Domi volvía poñer vantaxe de dous goles no 58, pero de novo Iker (min. 66) deixaba ao Marcón preto. Un segundo gol de Domi no 77 sentenciaba o encontro e deixaba o marcador no definitivo 3-5. Noraboa, xuves!!

Ficha técnica

Marcón At. «B»:  Xurxo, Esteban, Martín, Jairo, Roberto, Mauro, Manuel, Hugo, Mario, Iker e Gonzalo. Tamén xogaron Alx, Jorge, Diego Ricardo e Martínez.

Moraña C.F.:  Iván, Álex G., Álvaro, Rubén, Abelo, Álex D., Pereira, Leroy, Aday, Isma e Dani. Tamén xogaron Lucas, Domi, Pablo, Dami e Jorge.

Goles: 0-1 Álex D. (min. 10); 1-1 Martín (min. 13); 1-2 Pereira (min. 22); 1-3 Ruben (mi. 41); 2-3 Hugo (min. 42); 2-4 Domi (min 58); 3-4 Iker (min. 66); 3-5 Domi (min. 77).

Compárteo!

Deixa un Comentario