Benxamíns 0 – 4 S.C.D. Puentecaldelas

Os claros protagonistas desta fin de semana no noso fútbol base foron os Benxamíns, que xogaron dous encontros. O primeiro deles era un adiado, ante a S.C.D Puentecaldelas. Os nosos comezaron ben o partido, controlando o xogo os primeiros 15 minutos. Pero pouco a pouco os visitantes fóronse facendo co cotrol. Ao descanso chegouse co resultado inicial, 0-0.

Trala reanudación o Puentecaldelas logra adiantarse aproveitando un balón morto nun rexeite do porteiro. Só dous minutos despois, facían o segundo ao transformar un penalti. O Moraña non baixou os brazos, buscando a liña de xogo dos primeiros minutos pero sen lograrlo. No tramo final, os visitantes fixeron dous goles máis para deixar o marcador no definitivo 0-4.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Diego, Xabu, Brais, Manuel, Breixo Ferrín, Xoel, Enzo, Raúl, Borja, Omar e Lucas.

S.C.D. Puentecaldelas: Iago, Ángel, Denis, Olvier, Dani, Xurxo, Mateo, Agus, Brais, Diego, León e Enrique.

Benxamíns 1 – 3 A.C.D. A Seca «B»

Case sen tempo para recuperarse, os Benxamíns recibiron na mañán do sábado á A.C.D. A Seca «B». Este partido foi moi igualado na primera metade, logrando os nosos adiantarse por medio de Breixo Ferrín tras un saque de esquina. Pero antes do descanso, A Seca lograba remontar, indo aos vestiarios con resultado 1-2. Trala reanudación, o Moraña foi un pouco máis arriba en busca do empate, pero nas contras os visitantes lograban as ocasións máis claras. Froito destas contras chegou o 1-3, que sentenciaba o partido e que foi o resultado final.

Gran traballo deste grupo de xogadores, moi bo esforzo esta fin de semana!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Diego, Xabi, Brais, Breixo Ferrín, Enzo, Xoel, Fabio, Omar e Lucas.

A.C.D. A Seca «B»:  Nuno, Leo, Pedro, Pablo, Javier, José, Nico, Izan, Iván, Jorge, Juan e Oween.

A.C.D. A Seca «B» 0 – 6 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron a Pontevedra, para enfrontarse ao filial da A.C.D. A Seca. Os nosos resolveron o encontro cunha gran primeira metade. Mateo poñía pronto a vantaxe, no minuto 2. Aday facía o segundo e o terceiro nos minutos 21 e 24, deixando Pablo Grande a vantaxe en 0-4 xusto antes do descanso.

Na segunda metade de novo Pablo Grande e Álex Domínguez facían dous goles para certificar a victoria cun claro 0-6. Gran traballo deste grupo, que segue imparable.

Ficha técnica

A.C.D. A Seca «B»:  Martín, Mario, Bieito, Iago, Jaime, Martín R., Duarte, Álvaro, Álex, Jose e Manu. Tamén xogaron Javi, Josué, Andrés, Raúl e Diego.

Moraña C.F.:  Iván, Álex García, Anxo, Rubén, Álex Dominguez, Mateo, Domi, Pablo Mouriño, Aday, Pablo Grande e Dani Fontán. Tamén xogaron Lucas, Abel, Damián e Jorge.

Goles: 0-1 Mateo (min 2); 0-2 Aday (min. 21); 0-3 Aday (min. 24); 0-4 Pablo Grande (min. 44); 0-5 Pablo Grande (min. 51); 0-6 Álex Domínguez (min. 87).

Compárteo!

Deixa un Comentario