Benxamíns – S.C.D. Puentecaldelas

Os nosos Benxamíns xogaron na mañán do domingo ante o líder da categoría, o Umia C.F. e fixérono cun bo partido. Comenzaron adiantándose por medio de Xabi cun gran disparo dende o vértice da área. Os locais empataron aos dous minuos, pero de novo Dani poñía ao Moraña por diante. A partir deste 1-2, o Umia impuxo a súa forza cun equipo moito máis físico e que combinaba ben. Chegouse ao descanso con vantaxe de 4-2 para os locais, e ao final dos 50 minutos co resultado de 10-2.
Bo traballo dos Benxas, a seguir!!

Ficha técnica

Umia C.F.:  Adri, Brais, Martín, Xabi, Diego, Hugo, Óscar, Guillermo, Pablo e Nico.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Diego, Brais, Manuel, Dani Rey, Breixo Ferrín, Héctor, Xoel, Samu, Fabio, Xabi e Lucas.

Goles: Polo Umia Pablo (3), Nico (4), Óscar, Martín e p.p. Polo Moraña Xabi e Dani Rey.

Infantiles 2 – 2 S.C.D. Salcedo

Voltaban tamén os Infantiles tralo parón de Nadal a competición, xogando no Buelo ante a S.C.D. Salcedo na mañán do sábado. Un encontro no que os dous equipos deixaron todos os goles para os primeiros 40 minutos. Yosi adiantou ao Moraña no 17, gol que neutralizaba Mateo Piñón no 27. Só dous minutos despois Aleixo poñía de novo por diante aos nosos, pero xusto antes do pitido para o descanso, Izan facía a igualada. Na segunda metade, pese a gozar de ocasións ambos conxuntos, o marcador non se moveu, e o 2-2 quedou como resultado definitivo. Bo traballo, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Diego, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Nico. Anxo, Rodri e Aarón. Tamén xogaron Óscar, Ethan, Pablo Ares, Pablo Montáns e Bruno.

S.C.D. Salcedo:  Nabil, Izan. Esteban, Marcos, Xan, Yago, Miguel, Mateo P., Mateo R., Joaquín e Iker. Tamén xogaron Dani, Teo, Juan e Rafa.

Goles: 1-0 Yosi (min. 17); 1-1 Matoe P. (min. 27); 2-1 Aleixo (min. 29); 2-2 Izan (min. 41)

C.D. Cesantes  – Xuveniles

O encontro que debía enfrontar aos nosos Xuveniles ante o C.D. Cesantes tivo que ser suspendido por mor de novos contaxios da Covid-19. Informaremos da nova data de celebración e agardamos que os afectados pasen a enfermidade da mellor forma posible.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario