Benxamíns 3 – 1 S.D. Monteporreiro

Segunda xornada de liga para os Benxamíns, na que recibían este sábado no Buelo á S.D. Monteporreiro. Un encontro no que os dous equipos deixaron os goles para a primeira metade. Adiantouse o Moraña con 3 goles de vantaxe nos primeiros 20 minutos e recortou Nico para o Monteporreiro antes do descanso. Na segunda metade, as defensas superaron aos ataques e non se moveu o marcador, polo que os nosos rapaces acadaron os primeiros 3 puntos da tempada. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Anxo, Diego, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro, Breixo Ferrín, Saúl e Hugo.

A.D. Sagrado C.F. «B».:  David, Pablo, Dani Nico, Raúl, Eric, Roque, Breixo, Gabri, Aroa e Álex.

Goles: Diego Torres (min. 6); 2-0 Diego Torres (min. 13); 3-0 Breixo Ferrín (min.21); 3-1 Nico (min. 24)

Indepo C.F. 2 –  2 Infantiles

Empate sobre a bocina dos Infantiles no Felipe VI de Pontevedra na súa volta á competición federada. Os nosos rapaces foron quen de contrarrestar un 2-0 adverso cos dous goles do local Juan Antonio co gol de Rodri no 63 e co acerto do mesmo Rodri dun penalti no último minuto de xogo. 2-2 nesta volta á Liga e boas sensacións dun equipo que ten que seguir medrando.

Ficha técnica

Indepo .F.C: Cristian,, Juan Antonio, Diego, Álex, Brais, Yahia, Rayan, Iker,  Salah, Javi e Robledo. Tamén xogaron Pablo, Hugo e Aday.

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Ethan, Diego, Yosi, Lucas, Rubén, Nico, Anxo, Rodri e Aarón. Tamén xogaron Darío, Antón e Bruno.

Marcaron: 1-0 Juan Antonio (min. 22; 2-0 Juan Antonio (min. 60); 2-1 Rodri (min. 63); 2-2 Rodri (min. 80, penalti).

Salgueiriños C.F. «B» 4 – 1 Moraña C.F.

Primeira xornada de Liga dos nosos Xuveniles na volta á competición, visitando ao filial do Salgueiriños no Manolo Barreiro. Os nosos foron quen de adiantarse no marcador con gol de Pereira no 33 e manter a vantaxe ata o descanso. Pero na segunda metade Rober, cun póker de goles, fixo que os puntos quedaran en Pontevedra. Ánimo e a seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Anxo, Rubén, Raúl, Abel, Álex, Pereira, Pablo, Leandro, Dani Fontán e Damián. Tamén xogaron Mateo, Aday, Jorge e Hugo.

Moraña C.F.: Iván, Julián, Oscar, Miguel, Jaime, Darío, Álex, Dani, Carlos, Rober e Guller. Tamén xogaron Diego, Rondón, Nico, Iago e Hugo

Goles: 0-1 Pereira (min. 33); 1-1 Rober (min. 47); 2-1 Rober (min. 49); 3-1 Rober (min. 60); 4-1 Rober (min. 76).

Compárteo!

Deixa un Comentario