Benxamíns 3 – 2 Arcadia E.F.

Os Benxamíns recibiron no Buelo ao Arcadia E.F. nun encontro xogado baixo a chuvia. Os nosos sairon ben a pesar do mal tempo, dominando pero sen xerar ocasións claras. Foi o Arcadia o que golpeou primeiro: mediada a primeira parte Diego fai o 0-1. Reaccionou o Moraña, que tras unha boa presión en saída de balón recupera e Dani pon o 1-1.

Xa na segunda metade e tras outra boa saída dos nosos, Brais aproveitando un rexeite facía o 2-1. Pouco despois, Omar facía o 3-1 aproveitando un gran pase de Brais ao segunda pao. Parecía o gol da tranquilidade, pero o Arcadia seguiu pelexando e no último minuto puxeron o 3-2, que foi o resultado definitivo.

Noraboa e gran traballo rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Diego, Xabi, Brais, Dani, Breixo Ferrín, Héctor, Enzo, Fabio, Omar, Breixo Oubiña e Borja.

E.F. Arcadia: Dani, Sohaib, Raúl, Nico, Aray, Valeria, Hugo, Diego, Marcos e Niko.

S.D. Monteporreiro 3 – 2 Infantiles

Os Infantiles visitaban Pontevedra para enfrontarse á S.D. Monteporreiro. Un encontro no que cada equipo dominou unha parte. Nos primeiros 40 minutos, os nosos levaron o peso e as ocasións, poñéndose antes do descanso con 0-2 a favor cun doblete de Mateo.

Na segunda metade chegou a reacción local, que cun doblete de Álex poñían o encontro empatado e finalmente no 76 se facían cos puntos ao marcar Mateo dende os 11 metros. 3-2 resultado final, non viñeron puntos pero bo traballo e boa progresión deste equipo.

Ficha técnica

S.D. Monteporreiro:  Hugo, Iván, Aarón, Mateo, Sara, Miguel, Álex, Mario, Kirian, Aitor e Yago. Tamén xogaron Anxo, Julio, Yeray, Aarón e Anxo.

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Diego, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Pablo, Antón e Mateo. Tamén xogaron Óscar, Pablo, Nico, Aarón e Bruno.

Goles: 0-1 Mateo (min. 31); 0-2 Mateo (min. 34); 1-2 Álex (min. 51); 2-2 Álex (min. 65); 3-2 Mateo (penalty, min. 76).

C.E.D. Cotobade 1 – 1 Xuveniles

Antepenultima xornada da primeira fase para os nosos Xuveniles, que manteñen a primeira posición da mesma co empate neste último encontro. Os nosos, que só perderon un encontro nesta fase, adiantáronse por medio de Pereira no minuto 51. Parecía que se ía a sumar unha nova victoria, pero case co pitido final Javi marcaba para o Cotobade e sellaba o reparto de puntos.

Gran traballo nesta primeira fase, ánimo para os encontros que quedan e para a segunda!

Ficha técnica

C.E.D. Cotobade:  Dani, Pablo, Diego, Hugo, Adri, Jorge, Fabio, Ángel, álvaro, Hugo e Marcos. Tamén xogaron Emilio, Pablo, Hugo, Javi e Pedro.

Moraña C.F.:  Iván, Anxo, Rubén, Abel, Álex D., Pereira, Domi, Pablo, Leroy, Aday e Dani. Tamén xogaron Álex G., Lucas, Damián, Jorge e Isma.

Goles: 0-1 Pereira (min. 51); 1-1 Javi (min. 90)

Compárteo!

Deixa un Comentario