S.D. Monteporreiro 1 – 2 Benxamíns

Un dos partidos destacados desta fin de semana era este dos nosos Benxamíns, que viaxaban a Pontevedra para enfrontarse ao Monteporreiro. Un encontro controlado polos nosos e que estivo chedo de emoción. Adiantouse o Moraña por parte de Enzo. Os locais marraron a ocasión de empatar nun lanzamento de penalti que se foi ao longueiro, e Diego cun disparo lonxano poñía o 0-2 o que se chegou ao descanso.  Na reanudación o partido continúa na mesma liña, pero nunha contra o Monteporreiro recorta distancias por medio de.  A pesar de que os nosos gozaron de varias ocasións para sentenciar, non se materializaron, o que lle deu emoción ó partido ata o final. Pero tralos 50 minutos, 1-2 para os nosos Benxas que trouxeron os 3 puntos para Moraña. Noraboa!!!

Ficha técnica

S.D. Monteporreiro: Brais, Leo, Elías, Jonás, Mario, Serigne, Román, Nico e José.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Diego, Xabi, Brais, Breixo Ferrín, Enzo, Omar, Fabio, Borja, Raúl e Lucas.

Goles: Enzo e Diego.

 

Infantiles 2 – 2 A.C.D. A Seca «B»

Encontro moi igualado o xogado polos Infantiles na mañán do sábado no Buelo ante a A.C.D. A Seca «B». Alternativas e ocasións por parte dos dous equipos, con dominio alterno. Adiantáronse os nosos con gol de Rodri no 28, que Nico neutralizou xusto antes do descanso. Na segunda metade, Rubén poñía en vantaxe ao Moraña de novo, pero de novo Nico marcaba para deixar o electrónico no definitivo 2-2, con reparto de puntos. A seguir nesta liña!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Ethan, Diego, Yosi, Lucas, Rubén, Rodri, Aarón, Pablo e Mateo. Tamén xogaron Óscar, Iago, Iker, Nico e Bruno.

A.C.D. A Seca «B»:  Rodri, Nico, Edriel, Agus, Luis, Andre, Álex, Brais, Ricardo, Omar e Samu. Tamén xogaron Hugo, Anxo, Miguel, Carlos e Nico.

Goles: 1-0 Rodri (min. 28); 1-1 Nico (min. 51): 2-1 Rubén (min. 53); 2-2 Nico (min. 63).

Xuveniles 2 – 1 S.C.D. Salcedo

Sábado pola tarde, os Xuveniles recibían ao Salcedo no seu encontro ligueiro para seguir na brecha. Foi un partido que os nosos encarrillaron rápido con dous goles tempraneiros de Pereira e Leroy nos primeiros minutos, e no que ao final houbo emoción co gol de Álex no 77. Malia a todo, o Moraña mantivo o ritmo e a pelexa para levar outros tres puntos e acadar unha nova victoria. Pola mínima si, pero tres novos puntos no casilleiro para sumar 27 e seguir na pelexa. Bo traballo, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Álex G., Anxo, Rubén, Álex, Pereira, Pablo, Leroy, Aday, Pablo Grande e Dani. Tamén xogaron Álvaro, Domi, Damián, Jorge e Jonathan.

S.C.D. Salcedo:  Yago, Manu, Pedro, Fer, Youness, Nelsos, Jose, Pablo, Brais,  Ángel e Leo. Tamén xogaron David, Pedro, Adri, Álex e Antonio.

Goles: 1-0 Pereira (min. 3); 2-0 Leroy (min. 4); 2-1 Álex (min. 77).

Compárteo!

Deixa un Comentario