E.F.B. Cangas «B» 2 – 2 Infantiles

Encontro moi igualado o xogado polos nosos Infantiles na mañán do domingo en Montecarrasco ante a E.F.B. Cangas «B» tras unha larga viaxe ata o Morrazo. Os locais golpearon primeiro no minuto 31 por medio de Iago. Lucas fixo a igualada no 36, pero antes do descanso os cangueses collían vantaxe. No comezo da segunda metade Diego facía o empate a dous, que foi o resultado definitivo. Bo traballo e a seguir medrando, rapaces.

Ficha técnica

E.F.B. Cangas «B».:  Xoel, Xavi, Alexandre, Adan, Joel, Pablo, Anxo, Álex, Christian, Juan e Manuel. Tamén xogaron Iván, Mario, Abraham e Iago.

Moraña C.F.:  Óscar, Aleixo, Ethan, Diego, Yosi, Lucas, Iker, Nico, Rodri, Aarón e Pablo Montáns. Tamén xogaron Pablo Ares, Anxo, Antón e Bruno.

Goles: 1-0 Iago (min. 31); 1-1 Lucas (min. 36); 2-1 Álex (min. 44); 2-2 Diego (min. 51).

Barro C.F. 2 – 4 Xuveniles

Intenso e igualado derbi xogado polos nosos Xuveniles na mañá do sábado ante os veciños do Barro C.F. Un partido cheo de emocións e goles e que finalmente se decantou do lado morañés. Adiantáronse os nosos no minuto 32 por medio de Leroy. Só catro minutos despois Mateo facía o segundo poñendo terra de por medio pero no 38 Iker recortaba para o Barro. Ese 1-2 foi o resultado ao descanso.

Na reanudación o encontro continuou na mesma liña. Rubén no 54 poñía de novo máis distancia para o Moraña pero Hugo no 61 volvía a marcar para o Barro mantendo a vantaxe mínima. Rubén marcou no 67 o 2-4, que xa foi o resultado definitivo. Noraboa, rapaces!

Ficha técnica

Barro C.F.: Damián, Brais, ángel, Iker, Yago, Marcos, Diego, Hugo, El Mehdi, Julián e Pablo. Tamén xogaron David, Anxo, Martín, Dani e Héctor.

Moraña C.F.: Iván, Anxo, Rbuén, Raúl, Abel, Álex, Mateo, Hugo, Pablo Mouriño, Leroy e Dani Fontán. Tamén xogaron Pereira, Domi, Aday, Jorge e Jonathan.

Goles: 0-1 Leroy (min. 32); 0-2 Mateo (min. 36); 1-2 Iker (min. 38); 1-3 Rubén (min. 54); 2-3 Hugo (min. 61); 2-4 Rubén (min. 67).

Compárteo!

Deixa un Comentario