Participación dos Benxamíns no Torneo de Cuntis

Coa Liga xa rematada, os nosos Benxas participaron esta fin de semana no Torneo Termas de Cuntis que organizan os nosos veciños do Atl. Cuntis. Os nosos rapaces quedaron encadrados no grupo B, co Caldas C.F. e Arosa S.C.»B» como rivais. O primeiro encontro saldouse con derrota por 1-8 cos caldenses, marcando para o Moraña Diego. Un Caldas que se mostrou moi dominador e moi eficaz de cara a gol.

Contra os arosanos os dominadores foron os nosos, pero os goles fixéronse de rogar e non foi ata o tramo final que Diego, cun doblete, clasificaba aos nosos como segundos de grupo.

En Cuartos de final o rival foi a E. Estrada F.B. Un encontr no que os nosos competiron moi ben sobre todo na primeira metade, indo 2-0 abaixo ao descando. Na segunda parte os estradenses fixeron boa a súa superioridade deixando o marcador no definitivo 5-0.

Bo traballo destes rapaces, que pasaron un día moi intenso de fútbol e que viaxan a próxima semana a Punete Arnelas para a disputa doutro Torneo.

Xogaron: Breixo Oubiña, Lucas, Fabio, Héctor, Brais, Breixo Ferrín, Xabi, Xoel, Dani, Manu, Mamadou, Diego, Enzo e Samuel.


Café Bar O Freixo Marín F.S. 2 – 0  Infantiles

Os Infantiles pecharon a 21-22 en San Pedro (Marín) entre semana, no seu derradeiro encontro de competición. Un partido que os enfrontaba ao Café Bar O Freixo Marín F.S. Os nosos pelexaron a reo durante os 80 minutos cun gran traballo colectivo. Non houbo goles na primeira metade, pero na segunda Breixo (min. 57) e Xian (min. 70) concretaron a victoria para os locais e os nosos non se puideron despedir da tempada cunha victoria. Malia todo, gran traballo deste grupo de xogadores que volveron á dinámica dos adestramentos e partidos tras estes dous anos de parón. A descansar no verán e a preparar a próxima, chea de retos e de ilusións!!

Ficha técnica

Café Bar O Freixo Marín F.S.: Breixo, Iker, Roi, Xavi, Brais, Borja, Xian, Manu, Hugo, Rubén e Xaquín. Tamén xogaron Pablo, Iker, Marcos, Juan e Adri.

Moraña C.F.: Óscar, Aleixo, Yosi, Lucas, Iker, Rubi, Nico, Rodri, Pablo, Bruno e Mateo. Tamén xogaron Diego, Iago, Darío, Anxo e Maneiro.

Goles: 1-0 Breixo (min. 57); 2-0 Xian (min. 70).


Xuveniles 4 – 1 Unión Dena C.F.

Cos deberes xa feitos e o ascenso no peto, os Xuveniles visitaban Pontevedra para xogar ante o C.D. Lérez «B» no Manolo Barreiro. Un encontro no que os nosos comenzaron mandando con gol de Raúl, pero que Pablo logrou neutralizar antes do descanso, ao que chegamos co 1-1.

Na segunda metade, Pablo Grande adiantaba de novo ao Moraña, pero Bryan no 58 poñía de novo as táboas no electrónico. No minuto 77 os locais por fin se poñían por diante no marcador, co gol de Casal, pero no tramo final Pereira facía o 3-3 que resultou ser o marcador definitivo. Bo traballo xuves e a disfrutar a vindeira semana do último encontro desta tempada!

Ficha técnica

C.D. Lérez «B»: Christian, Bryan, Álex, Pablo, Salva, Rivera, J. Manuel, Lameiro, Miguel, Gabriel e Pablo. Tamén xogaron Casal, Jesús e Carlos.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Anxo, Raúl, Abel, Domi, Damián, Aday, Jorge, Chenlo e Dani Fontán. Tamén xogaron Lucas, Hugo, Pereira, mateo e Pablo Grande.

Goles: 0-1 Raúl (min. 23); 1-1- Pablo (min. 44); 1-2 Pablo G. (min. 53); 2-2 Bryan (min. 58); 3-2 Casal (min. 77); 3-3 Pereira (min. 82).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario