Os Prebenxamíns foron os primeiros en poñer a rodar a pelota na IV Moraña CUP. Comezaban a Primeira Fase as 10:00 os dous grupos.

PRIMEIRA FASE

No Grupo A, os encontros e resultados foron os seguintes:

  • Moraña C.F. 50 Barro C.F.
  • Barro C.F. 09 A.J. Lérez
  • A.J. Lérez 10 Moraña C.F.

No Grupo B, os resultados foron:

  • A.C.D. A Seca 11 Portero 2.000
  • Caldas C.F. 0  –  7 A.C.D. A Seca
  • Portero 2.000 50 Caldas C.F.

Con estes resultados, pasaban ás semifinales Moraña, A.J. Lérez, A.C.D. A Seca e Portero 2.000.

5º e 6º posto

Na disputa do 5º e 6º posto, o Barro C.F. venceu ao Caldas C.F. por 3 a 0, polo que acadou a quinta plaza. O Caldas C.F. foi o sexto clasificado final.

SEMIFINALES

Quedaban dúas semifinales apaixoantes, na que se enfrontaban A.J. Lérez e Portero 2.000 e o Moraña C.F. ante a A.C.D. A Seca.

A primeira semifinal resolveuse nos 25 minutos regulamentarios coa victoria da Juvenil de Lérez por 5-0. Na segunda, houbo emoción  a raudales, xa que a A.C.D. A Seca foi quen de empatar un encontro que o Moraña vencía por 3-1, e fomos aos penaltis. Na tanda, o Moraña logrou o pase con moita emoción, xa que fallaron o primeiro lanzamento e remontaron ao final.

 

3º e 4º POSTO

Na loita polo «Bronce», enfrontábanse A.C.D. A Seca e Portero 2.000. Neste encontro, resultaron vencedores os do Portero 2.000, na quenda de penaltis, tras empatar 2-2 no tempo regulamentario. Con esto, o Portero 2.000 quedaba en terceiro lugar, e a A.C.D. A Seca, cuarta.

GRAN FINAL

Na Gran Final Prebenxamín desta IV MorañaCUP enfrontábanse dous equipos que compartiran grupo, repetindo enfrontamento: Moraña C.F. e A.J. Lérez. Nesta final os pontevedreses foron superiores e venceron aos locais por 3-0, alzándose co título da IV MorañaCUP. Noraboa!!

 

Compárteo!

Deixa un Comentario