Os Benxamíns comezaron a competición ás 10:30, coa disputa dos seus primeiros encontros de Primeira Fase. Ao igual que cos Pres, dous grupos de tres equipos.

PRIMEIRA FASE

No Grupo A, os encontros e resultados foron os seguintes:

  • Moraña C.F. 1 – 1 Barro C.F.
  • Barro C.F. 2 – 0 A.J. Lérez
  • A.J. Lérez 2 – 0 Moraña C.F.

No Grupo B, os resultados foron:

  • A.C.D. A Seca 13 Pontevedra C.F.
  • Caldas C.F. 0  –   A.C.D. A Seca
  • Pontevedra C.F. 6 – 0 Caldas C.F.

Con estes resultados, pasaban ás semifinales A.C.D. A Seca, A.J. Lérez, Barro C.F. e Pontevedra C.F..

5º e 6º posto

Na disputa do 5º e 6º posto, o Moraña C.F. venceu ao Caldas C.F. por 3 a 1, polo que acadou a quinta plaza. O Caldas C.F. foi o sexto clasificado final.

SEMIFINALES

Nas semifinales, teriamos dous encontros moi interesantes: A.J. Lérez e Pontevedra C.F. e o  Barro C.F. ante a A.C.D. A Seca.

A primeira semifinal resolveuse nos 25 minutos regulamentarios coa victoria do Pontevedra por 5-2. Na segunda vivimos unha resolución moi emocionante, xa que a o Barro C.F. logrou o empate a 2 no último suspiro do encontro, e na tanda de penaltis, houbo que agardar ata o oitavo lanzamento para ter finalista. Ao final, o Barro C.F. acadou o pase.

 

3º e 4º POSTO

Buscando o último sitio no «podium», enfrontáronse A.J. Lérez e A.C.D. A Seca. Este encontro resolveuse cunha victoria da Seca pola mínima, 0-1, polo que os lerezanos quedaban cuartos e A Seca, terceira.

GRAN FINAL

Na Gran Final Benxamín desta IV MorañaCUP enfrontábanse o Pontevedra C.F. e o Barro C.F. Ambos conxuntos firmaran unha gran actuación no torneo, e prometía ser un duelo intensísimo, como así foi. Ao final do 25 minutos, a MorañaCUP viaxou para a capital do Lérez, ao vencer o Pontevedra C.F. por 3 a 1. Noraboa!!

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario