Os Alevíns foron os últimos en arrancar, pero fixérono con moita enerxía! A Primeira fase xa foi mostra desta igualdade, con partidos apaixoantes.

PRIMEIRA FASE

No Grupo A, os encontros e resultados foron os seguintes:

  • Moraña C.F. 0 – 1 E.F.B. Terra de Montes
  • E.F.B. Terra de Montes 0 – 3 A.J. Lérez
  • A.J. Lérez 1 – 2 Moraña C.F.

No Grupo B, os resultados foron:

  • A.C.D. A Seca 13 Pontevedra C.F.
  • Caldas C.F. 0  –  1  A.C.D. A Seca
  • Pontevedra C.F. 3 – 0 Caldas C.F.

Con estes resultados, pasaban ás semifinales A.C.D. A Seca, A.J. Lérez, Moraña C.F. e Pontevedra C.F..

5º e 6º posto

Na disputa do 5º e 6º posto, a  E.F.B. Terra de Montes venceu ao Caldas C.F. por 4 a 1, polo que acadou a quinta plaza. O Caldas C.F. foi o sexto clasificado final.

SEMIFINALES

Grandes encontros nas semifinais da IV MorañaCUP: o anfritrión, Moraña C.F. enfrontábase ao Pontevedra C.F., mentras que a A.J. Lérez xogaba ante a A.C.D. A Seca. Os morañeses vencían ao Pontevedra por 2-0, e a outra semifinal se decidía dende o punto de penalti, con victoria para a A.J. Lérez.

3º e 4º POSTO

Buscando o último sitio no «podium», enfrontáronse Pontevedra C.F. e A.C.D. A Seca. Este encontro tivo que ir tamén aos penaltis tralo empate 2-2 nos 25 minutos. Venceron os do Pontevedra C.F. nesta quenda.

 

GRAN FINAL

Gran Final Alevín desta IV MorañaCUP enfrontaba ao Moraña C.F. e á A.J. Lérez nun trepidante encontro. Foi un partido de poder a poder que se resolveu nunha gran acción morañesa, cando David pelexou un balón que se iba pola liña de fondo e asistiu a Mateo para que remachara o único gol deste partido. 1-0, e o título da MorañaCUP alevín quedaba na casa. Noraboa!!

En definitiva e como resumo de todo o conxunto do torneo, dende o Moraña quedemos agradecer aos clubes participantes, patrocinadores e a todos os asistentes á nosa MorañaCUP. Moitísimas gracias!!

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario