Esta fin de semana, comezou a competición ligueira para 3 dos nosos equipos. Vexamos cómo lles foi:

Infantiles 2 – 0 Atl. Cuntis

Os Infantiles comezaron a Liga recibindo no Buelo aos veciños do Atlético Cuntis. Os rapaces dirixidos por Sara Vázquez sacaron adiante o encontro cunha moi boa primeira parte, na que Álex firmou un doblete en só 7 minutos (do 23 ao 30) para facer o 2-0 que foi o resultado final. Bo traballo e aportación de todos os rapaces, a seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi e Amestoy. Tamén xogaron Hugo, André, Javi, Damián e Marta.

Atl. Cuntis.: Rubén. Angel, Luca, Borja, Mario, Xabier, Anxo, Ricardo, Carlos, Diego, Fernando. Tamén xogaron Alexandre, Roi, Marcos e Victor.

Goles: 1-0 Anxo (min. 23); 2-0 Anxo (min. 30)

Xuv. Sanxenxo 3 – 1 Cadetes

Tamén comezaron a Liga os Cadetes, no seu caso viaxando a Baltar de Arriba para enfrontarse ao Xuv. Sanxenxo. Os rapaces de Albertito fixeron un bo partido, pero non foron quen de traer puntos desta visita. Adiantouse cedo o Sanxenxo, cun lanzamento lonxano de Rodrigo no minuto 2 que pillou a Jorge adiantado. Foi tamén outro lanzamento lonxano o que fixo o 2-0, cun disparo de Ángel que se colou. Logrou recortar Pablo Fraga antes do descanso, cun gran cambio de banda de Raúl que o de Campo Lameiro non desaproveitou.

Na reanudación, o Sanxenxo sentenciaba no 48, cando Samuel se aproveitou dun malentendemento entre porteiro e defensa morañeses. Malia que gozaron de ocasións, o marcador xa non se moveu. A seguir traballando!!

Ficha Técnica

Xuv. Sanxenxo.: David, Ignacio, Álvaro, Iván, Pablo, Samuel, Lucas, Rodrigo, Angel, Marc, Yago. Tamén xogaron Iván, Iago, Iván e Daniel.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Pablo Sende, Rubén Candal, Pablo Fraga, David García, Edu Montes, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogaron Adonis, Iván, Jonathan e Rubén Souto.

Goles: 1-0 Rodrigo (min. 2); 2-0 Angel (min. 37); 2-1 Pablo Fraga (min. 44); 3-1 Samuel (min. 48).

A.D. Arousa F7 3 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles tamén comezaron a competición ligueira o sábado pola tarde, xogando no Berdón ante a A.D. Arousa F7. Os nosos pelexaron a reo, pero non lograron sacar puntos desta visita. Adiantouse a A.D. no minuto 41 por medio de Manuel, chegando ao descanso co resultado de 1-0.

Na reanudación, a mala fortuna fixo que un balón rebotado dera en Iván facendo o 2-0. Xián recortou no 69, poñendo emoción ao último tramo, pero Daniel pechaba a victoria local no 77, facendo o definitivo 3-1. A seguir traballando, xuveniles!!

Ficha Técnica

A.D. Arousa F7.: Rubén, Santiago, Alejandro, Jose, Javi, Damián, Sergio, Manual Piñeiro, Pedro, Pablo e Iker. Tamén xogaron Sebastián, Adrián, Víctor Dani e Jose.

Moraña C.F.: Manu, Iván, Adrián, Manu Sayáns, Alex, David Remiseiro, Isma, Raúl, Marcos, Fervenza e Xián. Tamén xogaron Pablo González e Reboredo.

Goles: 1-0 Manuel P. (min. 41); 2-0 Iván  p.p. (min. 60); 2-1 Xián (min. 69); 3-1 Daniel (min. 77).

Compárteo!

Deixa un Comentario