Deixamos aquí toda a información do acontencido con todos os equipos da base do Moraña C.F.

BIBERÓNS 4 – 1 ATL. CUNTIS

Os Bibes xogaron o segundo encontro desta tempada ante os nosos veciños do Atl. Cuntis, esta vez na casa, no pavillón de Moraña. Os pequechos desfrutaron dun gran día de fútbol, xogando un partido cheo de ritmo no que os nosos se impuxeron por 4-1. Moito traballo por diante para estes peques, pero bos mimbres para comezar a construír o Moraña C.F. do futuro.

MORAÑA C.F.: Alba, Hugo, Dani, Anxo, Iago, Saul, Lucas, Hugo, Jorge, Eric e Fabio.
Goles: Saúl (3) e Iago.

PREBENXAMÍNS 1 – 3 E.F. PORTERO 2.000

Os Pres xogaron no Buelo unha nova xornada de Liga, ante os pontevedreses do E.F. Portero 2.000. Os rapaces de Kevin e Roberto xogaron un bo partido, pero non aproveitaron as opcións de perigo que xeraban. Pola contra, os visitantes cun inspiradísimo Xuan, sí foron moito máis efectivos de cara a gol, logrando colocarse cun cómo 0-3 nos primeiros 36 minutos. Xoel fixo o gol morañés no 44 para deixar o definitivo 1-3. A seguir traballando

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Roi, Aarón, Mauro, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mario, Antón, Rubén e Lois.
E.F. PORTERO 2.000: Hugo, Roque, Casañas, Anxo, Sergio, Xurxo, Manuel, Aitor, Breixo, Alejandro, Xuan, Héctor e Martín.
Goles: 0-1 Xuan (min. 19); 0-2 Héctor (min 26); 0-3 Xuan (min. 36); 1-3 Xoel (min. 44)

MEAÑO F.C. 0 – 10 BENXAMÍNS

abc71f24-355e-48eb-8850-a8133a240c28Os nosos Benxamíns caeron ante o Meaño F.C. por un contundente resultado nun encontro no que non entraron nunca. Os nosos foron superados por un equipo que se amosou superior dende os primeiros minutos e se foron xa o descanso cun claro 5-0. Ánimo aos Benxamíns, a seguir traballando e mellorando paso a paso.

FICHA TÉCNICA

MEAÑO F.C.: Gabriel, Jairo, Damián, Rubén, Eloy, Juan José, Jonathan, Raúl, Fernando, Dani, Carmelo, Diego, Daniel e Pedro.
MORAÑA C.F.: Rubén, Hugo, Xabi, Lucas, Anxo, Aleixo, Álex, David, Pablo, Iker, Nico, Darío, Ethan, Jonathan.
Goles: Raúl (3), Carmelo (3), Daniel Pazos (2), Daniel Pérez e Eloy.

ALEVÍNS 4 – 0 CALDAS C.F.

e308e39e-e71a-459f-b4a2-5f798f8071b3Os Alevíns venceron nun difícil derbi ante o Caldas C.F., no que os nosos xogaron a un gran nivel. Os rapaces de Juan sairon moi enchufados ao encontro, sendo dominadores dende o primeiro minuto. Tardou en abrirse a lata, pero foi Gael quen o fixo no 15, aumento a renda Mateo antes do descanso. Nos segundos 25 minutos e case no tramo final, os nosos pecharon o marcador con dous goles. David no 46 fixo o terceiro e Abel fixo o cuarto case co pitido final.
Noraboa aos Alevíns, a seguir nesta liña!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: André, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, David, Brais, Saúl, Jorge, Aday Raúl e Gael.
CALDAS C.F.: Sergio, Óscar, Iago, Diego, Iker, Iago G., Daniel, Zaira, Dani García, Estefan, Brais e Anxo.
Goles: 1-0 Gael (min. 15); 2-0 Mateo (min.22); 3-0 David (min. 46); 4-0 Abel (min. 49)

INFANTILES 5 – 0 ANCORA D´OURO

fabf65d2-ec30-4006-8e1c-2e6e7bf6a3eaNova victoria dos Infantiles, ante o Ancora D´Ouro nun partido no que os rapaces de Alberto saíron a por todas dende o primeiro minuto. A chave desta victoria estivo en que os nosos lograron abrir a lata moi cedo, cun gol de Álex no minuto 3. Con este gol, os visitantes foron ao remolque durante todo o encontro, e este feito fixo que o Moraña atopase ocos polos que ir aumentando a renda paulatinamente. Antes do descanso, Domi poñía xa un claro 2-0.
Nos segundos 40 minutos, aumentaron a renda os infantiles con goles de Álex no 53, Pablo Fraga no 59 e Pereira pechou o marcador no 77 co definitivo 5-0.
Paso adiante dos nosos infantiles trala derrota da semana pasada. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Iván, Isma, Jonathan, Rubén Candal, Lucas (Pereira, min. 47), Domi (Amestoy, min. 52), Pablo Fraga (Rubén Souto, min. 64), Javi, Alex (Juanma, min. 59), Dani Fontán e Anxo.
ANCORA D´OURO: Raúl, Mohamed, Rodrigo (Gabriel, min. 51), Victor, David, Alex (Rafa, min. 66), Roberto, María, David, Jorge (Yeray, min. 54) e Adrián.
Goles: 1-0 Álex (min. 3); 2-0 Domi (min. 20); 3-0 Alex (min. 53); 4-0 Pablo Fraga (min. 59); 5-0 Pereira (min. 77)

UNIÓN DENA 2 – 1 CADETES

Os Cadetes viaxaron ás Cachizas para enfrontarse ao Dena na tarde do sábado. Os nosos, con varias baixas, tiraron de compañeiros da categoría infantil para completar a convocatoria, formada por 13 xogadores.
Tal e comose anticipou en encontros anteriores, os Cadetes competiron en todo momento, deixando un bo sabor de boca, pero pagando o feito de comezar case o partido a contracorrente, cun gol no minuto 1 por parte de Ero.
Eloy puxo o 2-0 no 22 da primeira metade e ese foi o resultado ao descanso.
Os nosos tentaron darlle a volta ao encontro acurtando distancias, pero este gol que achegaba no marcador chegou demasiado tarde, obra de Raúl no 74.
Ánimo aos Cadetes, a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

UNIÓN DENA: Mateo (Jorge, min. 73), Raul, Alejandro (Brais, min. 70), Manuel, Christian, Daniel (Joel min. 51), Samuel (Adrián, min. 76), Raúl, Ero, Daniel e Eloy (Joel Garrido, min. 66)
MORAÑA C.F.: Jorge, Sende, Andrés, Isma, Raúl, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González (Rubén, min. 54), Isma Escariz e Fernando (Pedro, min. 76)
Goles: 1-0 Ero (min. 1); 2-0 Eloy (min. 22); 2-1 Raúl (min. 74).

XUVENILES 6 – 0 C.D. BAMIO

Os Xuveniles xogaron o sábado á noitiña ante o Bamio, nun encontro que a pesares do que pode parecer polo resultado, costou bastante sacar adiante aos nosos. Tivo que ser Fervenza quen abrira a lata no 25, pouco antes de caer lesionado de novo no mesmo xeonllo que na pretempada. Ánimo ao bravo dianteiro e pronta recuperación!!
Este foi o único gol que vimos na primeira metade, e co 1-0 chegouse ao descanso. A chave desta goleada estivo no aspecto físico, xa que no último tramo os nosos foron claramente superiores, e segundo caían os goles, o Bamio baixaba os brazos. Dou a tranquilidade Adri en dous minutos máxicos, marcando no 57 e no 59. Estes goles fixeron que os visitantes se desconectaran do encontro, e Giago cun doblete, e Javi pecharon o electrónico co definitivo 6 a 0.
Noraboa aos Xuveniles e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F. Jose, Jorge Díaz, Iago (Héctor, min. 75), Adri, Martín (Giago, min. 70), Javi, Ferro, Carlitos (Manuel Abalo, min. 70), Raúl, Fervenza (Gabriel, min. 30) e Xián.
C.D. BAMIO: Marcos, Diego, Santiago (Pablo, min. 60), Iván, Manuel, Carlos, Xabier (Juan. min. 81), Pablo (Santiago, min. 46), Daniel (Guillermo, min. 46), Eloy e Miguel (Juan, min. 70).
Goles: 1-0 Fervenza (min. 25); 2-0 Adri (min. 57), 3-0 Adri (min. 59); 4-0 Giago (min. 71); 5-0 Giao (min. 77); 6-0 Javi (min. 87)

Compárteo!

Comentarios Pechados.