• Derrota a domicilio que pon fin a unha boa xeira de resultados.

  • O Racing Castrelos conseguiu remontar o noso tanto inicial.

Xornada 6 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Vigo para enfrontarse ao Racing Castrelos.

Derrota contra un dos equipos da parte alta da táboa clasificatoria. Unha primeira parte na que ambos conxuntos dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador, pero chegaríase ao intermedio co 0-0 no marcador.

Á volta dos vestiarios os nosos conseguirían abrir a lata grazas a un gran gol de Pablo Cancela aos 5 minutos de iniciar a segunda metade. Pero pouco nos duraría a ventaxa no marcador xa que poucos minutos despois o Racing Castrelos anotaba o gol da igualada. E cando faltaban 10 minutos para cumprirse o tempo regulamentario, unha desafortunada acción acabaría con gol en propia meta que poñía aos locais por diante no marcador. E xa cando os nosos buscaban o empate á desesperada, un novo gol do Racing Castrelos establecía o 3-1 final.

O vindeiro domingo recibiremos no campo do Buelo ao San Martín C.F.

FICHA TÉCNICA

Racing Castrelos FC: Fabián Costa, Iván Carreja, Guillermo Troncoso (Sergio Fernández, 83′), Dyego Alberto, Yago Álvarez (Martín Ubeira, 70′), José Ramón Sáenz-Díez, Joel García, Iván Mingotes (Luis Vázquez, 88′), Abraham González, Delfino Martín (Cibrán Estors, 88′) e José Ramón Fernández (Ricardo Alonso, 83′).

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Diego Pérez (Moha ElHamdaoui, 46′), Roi García (Dani Fontán, 46′), Jorge Miser, (David Dios, 66′), Ramón Martínez, Sebas Cores (Domi García, 84′), Álex Domínguez (Manu Rivera, 84′), Pablo Cancela e Rubén Candal.

Goles: 1-0 Pablo Cancela (min.50), 1-1 José Ramón Fernández (min.63), 2-1 Jesús Losada (PP)(min.80), 3-1 Martín Ubeira (min.87)

Árbitro:  Don Álex Vila Estévez. Amonestou a Delfino Martín e Martín Ubeira polo Racing Castrelos e a Pablo Cancela polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario