Ven de arrancar unha nova tempada para os nosos Senior, na que voltan, tras moitos anos á Primeira Autonómica. As sesións de adestramento comezaron xa este martes, con novo técnico, Luis Oliveira ao timón.

E xa temos os primeiros enfrontamentos de Pretempada para ir afinando a preparación de cara á competición.

  • Este sábado día 3 de Agosto, ás 18:00 en Mirallos, os Senior enfrontaranse ao Pontevedra «B».
  • O domingo día 11, teremos en Mirallos un Triangular polo 50 Aniversario do Moraña C.F., con Atlético Cuntis e C.D. Portas como invitados. Os encontros comezarán ás 18:00 horas.

Iremos informando do comezo de pretempada das demáis categorías e dos encontros que se vaian desputando. Comezamos unha tempada, cargada de ilusión!

 

Compárteo!

Deixa un Comentario