O primeiro equipo do Moraña venceu na tarde do domingo ao Portas «B» nun partido marcado polo dominio claro dos morañeses ante un rival que, destacamos, nunca deixou de tentar xogar o balón e que a pesares do marcador, pelexou ata o pitido final.

Con estes tres puntos, os nosos seguen firmes na segunda posición da táboa, collendo distancia co terceiro e achegándose a dous puntos ao Bamio, líder da Clasificación.

O vindeiro partido será o domingo na Rapeira (Portas) ante a S.D. Romay. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 7 – 0 Portas «B»

Moraña C.F.: Cabanelas, Borja M. (Rubén, minuto 72, Borja F., Martín, Iaguito (Miguel, minuto 75), Julián (David, minuto 57), Lorenzo, Manu, Breogán, Jesús (Miguel Zas, minuto 65), Viti.

C.D. Portas «B»: Sergio, Miguel, Cristóbal, Sergio P. (Dani, minuto 80), Rubén, Yago, Jose, Manuel, Joshua (Raúl, minuto 80), Gabriel, Alejandro.

Goles: 1-0 Viti (minuto 7): 2-0 Breogán (minuto 28); 3-0 Breogán (minuto 52); 4-0 Iaguito (minuto 58); 5-0 Miguel Zas (minuto 78); 6-0 Miguel Zas (minuto 79); 7-0 David F. (minuto 89)

Compárteo!

Deixa un Comentario