O Primeiro Equipo do Moraña venceu na tarde de onte en Mirallos ao Beiramar C.F., nun encontro que dominaron durante os 90 minutos e nos que os nosos aseguraron pronto os puntos.

Abriu a conta Jesús, no minuto 7 ao transformar un penalti, e Iaguito, nunha das súas tempadas máis goleadoras, facía o 2 a 0 antes da media hora de xogo. Chegouse con ese resultado ao descanso.

Nos segundos 45 minutos, un doblete de Miguel Zas (minutos 52 e 72) e o segundo de Jesús na súa conta, certificaron a victoria por un contundente 5 a 0.

Tres puntos moi importantes para o Moraña, xa que o manteñen na terceira praza a só 3 puntos do acceso directo, que marca agora mesmo o Poio. A vindeira semana, viaxamos a Portas, para enfrontarnos ao Portas «B». A darle duro rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 5 – 0 Beiramar C.F.

Moraña C.F.: Cristian, Julián, David (Lorenzo, min.70), Albertito (Martín, min. 62), Iaguito (Borja, min. 67), David Fontenla (Javi, min. 73), Miguel Castro, Viti, Miguel Zas, Jesús e Manu.

Beiramar C.F.
: Roberto, Óscar (Matías, min. 40), Juan, Carlos, Gabriel, Rubén (Outeda, min. 67), Pérez, Jose L., Victor, Josua (Francisco, min. 62) e Outeda.

Goles:1-0 Jesús p. (min.7); 2-0 Iaguito (min. 27); 3-0 Miguel Zas (min. 52); 4-0 Miguel Zas (min. 72); 5-0 Jesús (minuto 73)

Compárteo!

Deixa un Comentario