O Primeiro Equipo do Moraña gañou na tarde de hoxe a primeira das finais que lle quedan neste último sprint final de Liga. Os xogadores do Chino saíron a dalo todo neste difícil encontro, e grazas a un gran traballo, lograron sacar os tres puntos.

Adiantáronse os locais grazas a un gol de Viti no minuto 7, pero Rubén Salgado lograba a igualada no 30. Xusto antes do descanso, Jesús transformaba un penalty co que poñía ao Moraña por diante. Nas protestas deste penalty, o árbitro expulsaba a Rubén, polo que o Romay xogou a segunda parte con 10 xogadores.

Tralo paso polos vestiarios, os nosos tentaban pechar o partido. Pero era o Romay o que lograba empatar, no 60 grazas a un gol de Rubén Figueiras. Tivo que ser de novo Viti o que lle dera vantaxe aos nosos, con outro gol no 68. Pouco despois, o Romay quedaba con 9, debido á segundo cartón amarelo para Jose Mouriño. A sentencia do mesmo chegou no 87, ao pechar o seu hattrick persoal.

Ao final dos 90 minutos, 4 a 2 no marcador e tres puntos vitais para os nosos. Con esta victoria, o Moraña garantiza que xogará a fase de ascenso esta tempada, e polo de pronto acada a segunda posición empatado a puntos co Poio, que venceu na casa do líder. Moito máis apretada a clasificación na parte de arriba e tres finais por disputar. Moito ánimo aos Senior e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 2 S.D. Romay

Moraña C.F.:Caba, Julián, David, Alberto (Martín min. 69), Iago, Camacho, Viti (Borja min.89), Capi (Lorenzo, min. 87), Jesús, Miguel Zas (Manu, min. 57)
S.D. Romay:Dani, David, Manuel, Santos (Santiago min. 55), Jose, Rubén, Salgado, Carlos, Adrián (Fabián min. 51- José min. 89), Antón e Jose M. (Alejandro min. 82)
Goles: 1-0 Viti (min. 7);1-1 Rubén Salgado (min.30); 2-1 Jesús, penalty (min. 44); 2-2 Rubén Figueiras (min. 61); 3-2 Viti (min. 68); 4-2 Viti (min. 87).

Compárteo!

Comentarios Pechados.