O Equipo Senior do Moraña C.F. recibía na tarde de hoxe en Mirallos ao Dorrón C.F., defendendo o liderato na disputa da xornada 11ª.

O equipo morañés, consciente do último tramo tan duro de volta que lle queda, salía coa convicción de non fallar neste encontro na casa, e dende o primeiro minuto apretou para levarse os puntos.

A verdade é que a primeira parte foi o máis interesante do encontro, cun comezo fulgurante dos morañeses que en só 31 minutos pechaban prácticamente o partido cun 4 a 0 grazas ao gol de Gonzalo en propia porta, e os tantos de Iago (que segue en racha), Jesús e Damián. Poñía algunha duda antes do descanso Alejandro, reducindo a diferencia a 4 a 1.

Tralo paso polos vestiarios, a segunda parte baixou en intensidade, e a pesar de que os morañeses tiveron opcións para aumentar a diferencia, o marcador non se moveu.

Oitava victoria do Moraña que lle permite seguir no máis alto da clasificación. Noraboa aos rapaces polo bo traballo, e agora a prepararse ben para a dificil saída a Poio da vindeira semana. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 1 Dorrón C.F.

Moraña C.F.: Cabanelas, Camacho (Borja Montáns, minuto 85), Borja Fuentes, Martín, Iago, David , Lorenzo, Adrián, Damián (Miguel Zas, minuto 67), Jesús (Rubén, minuto 89) e Manuel (Breogán, minuto 78)

Dorrón C.F.: Rafa, Sami, Javier, Miguel A. (David, minuto 46), Gonzalo, Jose Antonio, Ángel (Adrián, minuto 65), Lucas, Marcos (Alberto, minuto 57), Alejandro e Antolín.

Goles: 1-0 Gonzalo p.p. (minuto 12); 2-0 Iago (minuto 26); 3-0 Jesús (minuto 29); 4-0 Damián (minuto 31); 4-1 Alejandro (minuto 33).

Compárteo!

Deixa un Comentario