• De novo tocou remontar, tras  adiantarse o Caselas

  • Todos os goles viñeron na última media hora.

Terceira xornada xa de Liga, e de novo o Moraña actuando como local. Os de Luis Oliveira recibían ao Caselas F.C., un equipo aínda invicto e que viña de colleitar dous empates nas dúas primeiras xornadas. Con algunhas variacións no once, os nosos saíron con todo ao encontro, pero ambolos dous conxuntos gardaron os goles para a segunda metade.

No minuto 50, Omar facía o 0-1, que poñía por diante aos visitantes. O Moraña reactivouse buscando o empate, que acadou ao transformar Pablo Porta un penalti no minuto 77. E no tramo final, por fin se confirmaba a remontada. Iván Vidal no 83 poñía aos nosos por diante, e no 86, Jonathan facía o gol da tranquilidade para certificar a segunda victoria nesta Liga con resultado final de 3-1.

Con esta victoria, o equipo mantense na zona alta da clasificación. Próxima xornada, visitamos ao Umia C.F. Ánimos rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Edu, Salva, Rober, Ricardo, David Alexander, Castillo, Pablo Porta, Ferro, Iván Vidal e Davor. Tamén xogaron Iván Goldar, Jonathan, Caba, Pablo Cancela e Dani.

Caselas F.C.: Isma, Juan, Óscar, Delfiño, Manuel, Maykel, Carlos, Enrique, Oliver, Brais e Omar. Tamén xogaron Fran, Manu, Pablo, Andrés e Marcos.

Goles: 0-1 Omar (min. 50); 1-1 Pablo Porta, penalti (min. 77); 2-1 Iván Vidal (min. 83); 3-1 Jonathan (min. 86)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario