O Primeiro Equipo do Moraña C.F. sumou 3 puntos importantísimos na súa loita por non perder os primeiros postos da táboa clasificatoria vencendo ao C.D. Xil na tarde de hoxe en Mirallos. O equipo do Chino saliu ao partido moi concentrado, e realizou un encontro case perfecto.

Dominaron a posesión os nosos durante case os 90 minutos, tendo a pelota e movendo ao rival de lado a lado facendo ancho o campo. O primeiro gol chegou no 28, cando Jesús transformaba un penalty. Este gol aínda deu máis confianza ao Moraña, que seguiu tocando e xogando ben entre liñas, sen sufrir en defensa máis que nalgún balón largo.

Despois do descanso o partido seguiu pola mesma liña. Viti fixo o segundo aproveitando un balón solto na área tras un tiro de Jesús no minuto 58. Puxo o colexiado a proba ao Moraña tras expulsar a Viti por doble cartón amarelo nunha decisión máis que discutible, pero con 10 o Moraña xogou incluso mellor que con 11. Pechou o encontro Jesús no minuto 86, facendo o segundo na súa conta.

En resumo 3 puntos máis no taboleiro que lle permiten ao Moraña seguir terceiro, a só 3 puntos de zona de ascenso directo. Agora a preparar a vindeira xornada, na que viaxamos a Barro. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 0 C.D. Xil

Moraña C.F.: Caba, Julián, Borja (Martín, minuto 76), Albertito, Iaguito, David, Damián (Rubén, minuto 89), Viti, Capi (Miguel, minuto 85), Jesús e Miguel Zas (Manu, minuto 81).

C.D. Xil: Marcelino (Santiago, minuto 78), Rubén (Juan J. minuto 71), Sergio, Santiago (Rafael, minuto 75), Adrián Muelle, José A., Adrián González, Antonio (Marcos, minuto 59), Alejandro, Edgar e Sergio López.

Goles: 1-0 Jesús p. (minuto 28); 2-0 Viti (minuto 58); 3-0 Jesús (minuto 86)

Árbitro: Jesús Alberto Gómez Otero. Amonestou a David e expulsou por doble amarelo a Viti por parte do Moraña C.F. e amonestou a Sergio Dorado e expulsou a Jose A. por vermello directa por parte do Xil

Compárteo!

Deixa un Comentario