O primeiro equipo caeu onte na casa por primeira vez esta tempada nun encontro cuio final estivo marcado pola polémica. O equipo dirixido por Dani, comezou perdendo cedo, cando no minuto 16 Iván facía o 0-1. Non foi ata os últimos minutos de encontro que se volveu mover o marcador, co gol do empate de Damián, que daba esperanzas aos morañeses (minuto 75) pero truncadas no 85 por David.

O último tramo do encontro estivo marcado por continuas perdas de tempo por parte do Chispa, con actitudes bastante antideportivas nalgún caso. No desconto houbo tempo para que Esteban fixera o 1 a 3, e Damián recurtara co 2-3 final.

Ao final, segunda derrota dos nosos nesta tempada, pero que non frea para nada o crecemento que está a vivir o equipo con cada partido. Ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 3 S.D. Chispa

Moraña C.F.: Cabanelas, Martín, David, Juan, Iaguito, Julian, Miguel, Viti,  Damián, Jesús, Manu; Christian, Lorenzo, Borja, David, Couto.

S.D. Chispa: Álvaro, Roberto, Adrián, Eloy, David, Isorna, Miguel, Álvaro, Óscar, Jose, David, Iván; Rubén, Héctor, Nicolas, Esteban, Iván.

Goles: 0-1 Iván (minuto 16); 1-1 Damián (minuto 75); 1-2 David (minuto 85); 1-3 Esteban (minuto 92); 2-3 Damián (minuto 94). 

Compárteo!

Deixa un Comentario