• Cuarta victoria consecutiva, e de novo remontando.

Doceava xornada de liga, e ao nosos Senior se lle presentaba un partido no que tiña moitas opcións de puntuar. Quizáis este pensamento foi o que fixo que saíran ao campo bastante durmidos e sen as ideas claras, e ante un rival que buscaba un resultado positivo para saír da zona baixa, eso págase. Adiantáronse os visitantes nunha acción con polémica, na que o colexiado non pitou unha clara falta no centro do campo, que aproveitaron para poñer un balón á espalda da defensa. O dianteiro do Salcedo non perdonou e cruzou maxistralmente ante a saída de Anxo. 0-1 e moito traballo por diante.

O gol espoleou aos nosos, que comezaron a entonarse e a buscar balóns á espalda do rival, comezando a xerar perigo co xogo en largo e buscando a segundas xogadas. Así chegou o gol do empate, nun balón mal rexeitado que aproveita David Alexander para fusilar a Borja.

Con este 1-1 se chegou ao descanso. Na segunda metade, esta igualdade no marcador fixo que ningún dos dous equipos quixera arriscar, polo que non houbo un dominador claro e abusaban os dous do fútbol non moi elaborado. Pouco a pouco, o Moraña comezou a tocar un pouco máis, buscando facerse co dominio do encontro. Nesta fase de fútbol combinativo naceu o 2-1, nunha xogada moi rápida de toque en banda esquerda, enviando un pase á incorporación de Chima que de disparo seco marca.

Quedaba aínda media hora, que foi de auténtico infarto. O Salcedo comezou a colgar balóns con máis insistencia, e o Moraña non mataba a contra, o que fixo que o partido se convertira nun ida-volta no que puido pasar de todo. Se ben os nosos tiveron o terceiro en varias ocasións, a última xogada do encontro foi un gran disparo tras un saque de córner en corto que se estrellou no pau.

Ao final dos 90 minutos, 2-1 e 3 puntos máis no noso casilleiro. Agora a preparar a visita á Ponte Caldelas do vindeiro domingo. Ánimo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Anxo, Héctor, Camacho, Salva, Rober, Pablo, Ferro, David Alexander, Kapi, Suso e Borja. Tamén xogaron Julián, Caba, Celso, Chima e David.

S.C.D. Salcedo: Borja, Adrián, Iván, Manuel, Alan, Dani, Aboy, Adri, Alberto e Jose. Tamén xogaron Juan, Raúl, Santiago, Diego e Fran.

Goles: 0-1 Manu (min. ; 1-1 David Alexander (min.48); 2-1 Chima (min. 57).

Compárteo!

Deixa un Comentario