O Moraña non pode na casa ante un A Lama que se mostrou superior.

Non puido ser. O noso Equipo Senior traballou a reo para sacar adiante o encontro que o enfrontaba na tarde de hoxe á Lama S.D. pero non foron quen de sacar os puntos.

Os visitantes adiantáronse no minuto 24 por medio de José. E xusto antes do descanso, Adrián facía un gol dos chamados psicolóxicos, xa que poñía o 0-2 no 44 e sen capacidade de reacción. Na saída da segunda parte, Plácido case mataba o encontro, facendo no 46 o 0-3.

Seguiron pelexando os nosos ata o pitido final para polo menos acurtar distancias, pero non o lograron. Case co pitido final, Javier poñía o 0-4 que resultou definitivo.

A seguir pelexando, queda moita segunda volta!! Ánimo rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Kevin, Juan (Miguel min. 62), Gepe, Salva, Rober, Julián, David, Viti, Héctor, Jesús e Juan Jesús.

A Lama S.D.: Sergio, Miguel (David min. 56), Diego, Fran, Alberto (Sergio min. 79), Javier, Adrián, Jose (Pablo min. 58), Alberto F, Plácido e Francisco (Esteban min. 70).

Goles: 0-1 Jose L (min. 24); 0-2 Adrián (min. 44); 0-3 Plácido (min. 46); 0-4 Javier (min. 88).

Compárteo!

Deixa un Comentario