Tal e como se anunciou na reunión celebrada ao comezo de tempada na presentación do planning de traballo, este luns comenzamos co primeiro adestramento de Tecnificación.

Estes adestramentos consisten en traballo específico por posición e roles, para lograr unificar os criterios de todos os xogadores da canteira e para sentar as bases das movilidades básicas, automatismos, responsabilidades, zonas… de cada un deles. É un paso máis dentro da evolución do propio deporte, no que cada vez os adestramentos son máis específicos e case individualizados.

Nesta primeira sesión, imos traballar cos defensas centrales das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. A sesión terá lugar este luns, de 18:00 a 19:30 no Campo de O Buelo, dirixida polo coordinador Rafa Sierra.

Os puntos principais nos que se fará fincapé serán:

  • Posicionamento Defensivo
  • Posicionamento Ofensivo
  • Basculacións
  • Coberturas
  • Apoios
  • Profundidade Defensiva
  • Iniciación do Xogo

Agardamos a todos os xogadores desta demarcación no Campo de O Buelo este luns.

Compárteo!

Deixa un Comentario