Hoxe, no campo de O Buelo, tivo lugar o primeiro encontro de pretempada dos Prebenxamíns e Benxamíns, que se enfrontaron nun partido de adestramento.

Os adestradores dos dous equipos, Xoel Souto e Eloy Rodríguez tiveron ocasión de poñer en práctica todo o traballo da semana, correxindo e dando instruccións aos seus xogadores en todo momento.

Todos os xogadores realizaron un bo esforzo e traballo, e as conclusións foron moi positivas. Ámbolos conxuntos continuarán co seu plan de preparación nun novo adestramento este martes ás 17 horas no Buelo.

Ánimo aos dous equipos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario