A Terceira Xornada da Liga tráenos un derbi ante os veciños do Atl. Cuntis.

O próximo domingo día 31 de Outubro, volveremos vivir despois de tanto tempo un derbi entre os nosos e o Atlético Cuntis na terceira xornada de Liga. Os dous equipos chegan con 3 puntos a este derbi, pero con traxectorias opostas. O Moraña venceu na primeira xornada e caeu na segunda ante o Dena, e os cuntienses perderon ante o Zacande na xornada inaugural e veñen de golear por 4-0 ao Campo Lameiro C.D.

O espectáculo está garantido!!  O partido será no Buelo, a partir das 17 horas o vindeiro domingo 31. Agardámosvos a todos alí!

Compárteo!

Deixa un Comentario