A categoría Prebenxamín abría este sábado no Buelo a competición ás 10:30, recibindo ao Arosa S.C. na 10ª Xornada de Liga. Os nosos chegaban a este encontro con moita ilusión trala victoria e o gran partido da semana pasada. Diante tiñan rival difícil.

20151212125041O encontro comezou mal para os nosos, que encaixaron gol no primeiro minuto do partido. Este feito non fixo mella nos pequenos, que pelearon a reo e traballaron duro en todas as facetas. Chegaron ao descanso caendo por 2 a 0, tralo gol de Enzo no minuto 15.

Na segunda parte, Raúl aumentou as diferenzas no 31 que case pechaba o encontro, pero David recortou no 45 poñendo o 1 a 3. Foi un pequeno paso adiante, pero xusto antes do pitido final Raúl e Jose puxeron o definitivo 1 a 5.

Bo traballo dos Prebenxamíns, que competiron en todo momento ante un gran equipo e que van mostrando paso a paso evolución no seu fútbol. A seguir desfrutando e medrando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 5 Arosa S.C.

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Xabi, Iago, Lucas, Joel, David, Aleixo, Pablo, Xoel, Darío, Mario, Lois e Nico.

Arosa S.C.: Alejandro, José, Mateo, Iago, Lorenzo, Pedro, Raúl, Mario, Ismael, Enzo, Iago, Martín e Mauro.

Goles: 0-1 Pedro (minuto 1); 0-2 Enzo (minuto 15): 0-3 Raúl (minuto 31); 1-3 David (minuto 45); 1-4 Raúl (minuto 48); 1-5 José (minuto 49)

Compárteo!

Deixa un Comentario