Partido durísimo e ante un gran rival o xogado hoxe polos Prebenxamíns no Buelo contra o Portero 2000. O equipo, que estrenaba parella de adestradores pola baixa de Xoel (por motivos laborales), enfrontábase a este forte rival coa única baixa de Rubén, que reforzou ao equipo Benxamín.

O equipo comezou ben plantado no campo, cuns primeiros minutos no que aguantaron o tirón e trenzaron un par de xogadas de perigo, pero según o cansancio comezou a chegar, o rival facíase dono do encontro.

Estiveron moi activos os xogadores de Manu e Yago ata que o rival se comezou a despegar no marcador. Este feito mermou un pouco o ánimo según pasaban os minutos, pero estiveron voluntariosos e pelexaron durante os 50 minutos.

O traballo é positivo, e o marxe de mellora deste equipo é moi grande. Agardamos ir vendo a progresión dos xogadores, que xa van mostrando melloría nestas primeiras semanas, para mellorar o nivel durante toda a tempada. De seguro que os nosos xóvenes xogadores van a dalo todo para conseguilo. Ánimo rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 10 Portero 2000

Xogaron polo Moraña C.F.: Roi, Xoel, Iago, Nico, Mario, Xabi, Aleixo, Pablo, Lucas, Joel, David, Jonathan, Aaron, Lois, Darío.

Compárteo!

Deixa un Comentario