• O Porriño fai dous goles nas dúas únicas ocasións que xerou.

  • De novo, os erros condenaron ao equipo.

Partido con pouco fútbol e con poucos argumentos sobre o campo e no que o Porriño impuxo o seu acerto para levar os puntos.  O encontro torceuse cedo, cun erro claro na saída do balón que os locais aproveitaron para que Iker batira a Rosa e puxera o 1-0. Era o minuto 3, e xa tocaba remar á contra. Non melloraron as cousas no resto desta primeira metade na que os nosos non estiveron atinados, e á salida dun saque de esquina, Iker facía o segundo. Fomos con este 2-0 ao descanso.

Na reanudación, Fabio cambiou o sistema e o equipo mellorou en moitos aspectos, pero se xerar perigo claro ante un Porriño que pechaba ben os espazos e rentabilizaba a vantaxe acadada na primeira metade. Non tivo moita historia máis este encontro, no que se escapan de novo tres puntos.

Seguimos en dinámica negativa. Toca remar e seguir pelexando con todo pola permanencia, que segue a catro puntos. Próxima parada, o Juv. Puenteareas. Vamos Moraña!!

FICHA TÉCNICA

Porriño Ind. F.C.:  Hugo, Paniccia, Pedro, Jose, Ricardo (Waldemar, min. 63), Óscar (Sergio, min. 56), Diego (Barbosa, min. 46), Matías, Alberto, Iker e Castiñeira (David, min. 46).

Moraña C.F.: Rosa, Marcos (Carlos J., min 79), Novegil, Aarón, Pablo Cancela (Carlos, min. 65), Seydou, Dyego, Martín, Javi, Álvaro N. (Álvaro B. min. 89) e Hardy (Toral, min. 46).

Goles: 1-0 Iker (min. 2); Iker (min. 35).

Árbitro:  D. Raúl García, auxiliado por D. Miguel Ángel Castro e D. Darío Rodríguez. Amonestou a Óscar, Alberto, Ricardo, Maykel, Sergio e Campos polo Porriño e a Alenxader e Álvaro B. polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario