• Competiuse ante o segundo clasificado.

  • Dous goles tempraneiros desequilibraron o encontro.

Xornada 33 da Preferente e visita ao Manolo Barreiro de Pontevedra para enfrontarse ao filial granate. Un filial que está a facer unha gran tempada, na segunda posición e a só tres puntos do liderato. Para os nosos, unha nova oportunidade de demostrar que podemos e sabemos competir nesta categoría, na que a pesar da posición clasificatoria, pelexamos a reo en cada encontro.

Os locais colleron vantaxe cedo, cos goles de Raúl e de Valentín antes do cuarto de hora. Estes dous goles xa condicionaron o resto do encontro, cun Pontevedra que pechaba máis os espazos e que buscaba sumar os tres puntos sen complicarse. Os nosos tentárono a reo pero non foron quen de batir a Manu. Novo paso nesta viaxe, no que tampouco se puido puntuar.

Próxima parada o vindeiro domingo no Buelo, ante o Ribadumia. A seguir pelexando, equipo!! Vamos Moraña!!

FICHA TÉCNICA

Pontevedra C.F. «B»:  Manu, Felipe (Álex, min. 85), Gabriel (Pacheco, min. 62), Pablo, Santi, Rancaño, Bernardo (Fraga, min. 70), Raúl, Víctor (David, min. 70), Pedro (Otero, min 89) e Valentín.

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos, Novegil, Martín (Jose, min. 85), Javi, Pablo Cancela (André, 90+3), Varo (Hardy, min. 75), Dyego, Aarón e Seydou.

Goles: 1-0 Raúl (min. 8); 2-0 Valentín (min. 15)

Árbitro:  D. Pablo García, auxiliado por D. Jorge Pedrosa e D. Gabriel Padín. Amonestou a Santi e a Bernardo polo Pontevedra e a Martín polo Moraña C.F.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario