• Seguimos sen puntuar a domicilio.

  • O gol dos locais chegou no último tramo.

Nova xornada na Preferente Sur, con viaxe a Ponteareas, onde no Municipal de Pardellas o Moraña buscaba os primeiros puntos a domicilio ante un equipo da parte alta da táboa. Pese a que o encontro estivo moi igualado, non puido ser.

Os nosos saíron ao encontro enchufados, ben plantados no campo e buscando pechar os espazos aos locais. Este traballo tivo premio, xa que o Moraña tivo controlado o encontro na primeira metade, sen case conceder ocasións e xerando perigo para a meta de Adrián. Pero malia disfrutar desas ocasións, chegouse ao descanso co 0-0.

Na segunda metade froito do cansancio, os desaxustes comezaron a aparecer. O equipo foise partindo pouco a pouco, e os locais comezaron a sacar rédito chegando cada vez con máis intensidade. No minuto 76, tras unha internada, un pase atrás chega a Alberto para que cun trallazo á escadra bata a Alexandre.

Este 1-0 espoleou aos nosos, que se foron para arriba. Tivemos varias ocasións claras, pero o que perdoa acaba pagando, e así, pese a xogar un bo encontro, volvemos desta viaxe sen puntos.

Toca seguir, non rendirse e traballar a reo. Estamos competindo e os resultados, con traballo e humildade, acabarán chegando. Próxima rival o Juv. Cambados no Buelo o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

S.D. Juv. Ponteareas: Adrián, Gonzalo (Brais, min. 73), Marcos (Xacobe min. 56), Nico, Javi, Álex (Jovan, min. 66), David, Carlos (Jon, min. 83), Rubén, Xacobe e Alberto (Diego, min. 90+1).

Moraña C.F.: Alexandre, Zahid, Carlos, Fernando, Nico (Abel, min. 85), Seydou, Marcos (Rubén, min. 89), Dyego, Pablo Cancela (Ronzoni, min. 73), Víctor (Mateo min. 78) e Aarón.

Goles: 1-0 Alberto (min. 76)

Árbitro:  D. Alberto Rey, auxiliado por Dna. Carmen Villanueva e D. Javier Gay. Amonestou a Nico polo Ponteareas e a Pablo Cancela, Nico e Zahid polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario