Tíñano todo en contra, xa que só lle valía a victoria, pero os Bibes rozaron a heroica na mañán de hoxe. Os máis pequenos do Moraña C.F. xogaron a derradeira xornada da Liga de Poio, na que se enfrontaban á E.F. Portero 2.000. O encontro estivo á altura das espectativas, cun ritmo altísimo e alternativas polas dúas bandas.

IMG_20160416_135946A primeira parte foi para os pontevedreses, xa que lograron adiantarse por 2 a 0. Non foron quen os nosos de materializar ningunha das ocasións que tiveron neste primeiro acto, incluso un balón ao longueiro que lanzou Álex.

A cousa pintaba mal, pero na segunda parte os morañeses viñéronse arriba e con dous goles de Álex sembraron a incertidume, porque lograron empatar o encontro. Quedaban aínda minutos para facer un terceiro, que lle dera a victoria e o Torneo, pero non foi posible. Ao final, empate a dous.

Os Biberóns acaban deste xeito segundos nesta Liga de Poio, e o que é máis salientable: fano invictos.

No nome do Clube, noraboa a estes rapaces, incrible o compromiso que demostraron e o traballo que realizaron. Como xa dixemos na previa, a palabra orgullosos queda curta ante o esforzo destes valentes. Tamén destacamos o traballo dos adestradores, Alberto e Caba, a colaboración de Jorge, delegado, e de todos os pais que axudaron a estes peques a desfrutar do fútbol nesta Liga.

Facemos extensiva a nosa felicitación ao Concello de Poio e aos organizadores e colaboradores que fixeron posible esta Liga.

Moito ánimo e a prepararse para os novos retos que se achegan para este grupo!!

FICHA TÉCNICA

E.F. Portero 2.000 2 – 2 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Anxo, Marcos, Saúl, David, Álex, Antón, Hugo, Fernando, Mauro e Iago.

Compárteo!

Comentarios Pechados.