Este sábado, a categoría Biberón do Moraña C.F. xoga o seu último encontro dentro da Liga de Poio. Os nosos peques xogan ante a E.F. Porteiro 2.000 unha auténtica final, xa que os dous equipos ocupan as primeiras plazas do torneo empatados a puntos. Ao Moraña só lle vale vencer, ao ter peor diferencia de goles, polo que o apoio de todos vai ser necesario.
Foi unha liga trepidante, na que os rapaces lograron superar todas as adversidades e sacar adiante todos os encontros, ao mesmo tempo que ían medrando como xogadores. Dende o Clube, a palabra orgullosos quédase curta, xa que o traballo foi excepcional. Este bo traballo dos bibes refrenda a aposta do Moraña C.F. pola base, e é o primeiro paso para lograr fazañas como a lograda o domingo, ascender ao Primeiro Equipo con 17 xogadores da canteira na plantilla.

Mañán ás 12:15, todos ao pavillón da Seca en Poio a animar aos nosos Bibes.

Moito ánimo, rapaces!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.