Os máis pequenos na familia do Moraña C.F., os nosos biberóns, que xa levan dúas semanas de duro adestramento, participarán na Liga de Fútbol-6 Biberón de Poio.

Na tarde de hoxe, realizouse a preinscripción neste Torneo de Fútbol Biberón, que comezará a finais do vindeiro mes de Novembro. Antes de comezar esta Liga, estanse a xestionar encontros amigables para ir collendo a forma.

Así que xa sabedes rapaces, a adestrar duro que dentro de nada, hai que dar o callo.

Moito ánimo e sorte aos bibes!!!

Compárteo!

Deixa un Comentario