O encontro correspondente á primeira xornada de Liga Infantil, que ía enfrentar en Zacande ao C.D. Mosteiro e Moraña C.F. que foi suspendido, xogarase nunha data aínda por determinar.

Un erro na circular da Federación fixo que ao Moraña se lle comunicara a retirada deste equipo de categoría Infantil, cando realmente o que se retiraba era o Mosteiro Cadete. Vista esta circunstancia, o Comité decidiu de oficio que este partido debe xogarse como partido adiado.

Deixamos no seguinte enlace, a resolución da Federación Galega de Fútbol recoñecendo o seu erro e solicitando data para xogalo: Resolución_Federacion

En canto se decida a data na que se xogará este partido, darase a conocer. Mentras, o Infantil xogará o seu primeiro partido este sábado contra o San Martín «B» no Buelo.

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario