O Moraña C.F. ten o placer de presentar o Torneo que ven de organizar en colaboración con outros clubes para os meses de Abril e Maio na categoría Biberón: a I BibeCUP

Esta BibeCUP tenta ser un torneo novedoso, no que 4 equipos se van a enfrontar nunha liga a ida e volta en 3 sedes distintas (algo parecido ao que vai acontecer na vindeira Eurocopa) e que estamos seguros fará as delicias dos rapaces e dos seus pais.

Os Clubes que participarán nesta primeira edición serán o Moraña C.F., S.C.D. Ponte Caldelas, A.C.D. A Seca e Caldas C.F.

Aquí vos deixamos máis información sobre este torneo: normas bibecup

Moita sorte a todos e sobre todo, a disfrutar e divertirse co fútbol!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.