• Debut ligueiro na casa en Preferente.

  • O Villalonga dalle a volta ao encontro na segunda metade.

Segunda xornada da Preferente Sur e primeiro encontro do Moraña C.F. como local nesta Liga. Un día para gardar na memoria e ademáis coa visita dun histórico do fútbol galego, como é o Villalonga F.C. Trala derrota da semana pasada, os nosos saíron ao encontro enchufados e buscando dar un paso adiante. Co gol de penalti de Dyego no minuto 21, conseguiron chegar ao descanso coa vantaxe mínima.

Pero na segunda metade os visitantes comezaron a dominar e a xerar perigo. Marcos no 65 poñía o empate, e só 8 minutos despois Alexandre facía o 1-2 que lle daba a volta ao marcador. Co Moraña volcado en ataque buscando a igualada, Alejandro batía a Alexandre no 86 para sentenciar o encontro.

Toca seguir remando, ningúen dixo que sería doado. Hai que seguir, insistir e persistir. A próxima semana desplazamento para enfrontarnos ao Verín C.F. A prepararlo con forza, rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Alexandre, Marcos, Rubén, Fernando, Aarón, Pablo, Seydou, Dyego, Mateo, Marouane e Álex. Entraron Carlos por Mateo (min. 58), Anxo por Álex (min. 75) e Nico por Pablo (min. 88)

Villalonga F.C.: Rodrigo, Tomás, Carlos, Marcos, Jonatan, Javi Otero, Eloy, José Ramón, Alejando, Michael e César. Entrou Alex por Jonatan (min. 57), Brian por Michael (min. 73), Alejandro por J. Ramón (min. 83)m Eloy por David (min. 85) e Antón por Alejandro (min. 88)

Goles: 1-0 Dyego (penalty, min. 21); 1-1 Marcos (min. 64); 2-1 Alexandre (min. 72); 3-1 Alejandro (min. 86).

Árbitro:  D. Óscar Enríquez, auxiliado por D. Manuel Paz e D. Julián Gómez. Amonestou a Fernando, Seydou, Marcos e Rubén polo Moraña e a Michael, Alexandre, Brian e Ricardo polo Villalonga.

Compárteo!

Deixa un Comentario