• Primeiro punto nesta Liga de Preferente Sur.

  • Os nosos logran adiantarse, pero os visitantes empatan na segunda metade.

Houbo que agardar á cuarta xornada para que os nosos estrenaran o casilleiro de puntos neste tempada. A piques estivo de ser con tres puntos, pero ao final foi só con un. Ao Buelo chegaba o Porriño, que viña de vencer ao Pontellas e con seis puntos na saca, en metade de táboa.

O encontro comezou na mesma tónica do que vai de tempada, con ritmo e cos dous equipos tentando levar o peso. Foi o Moraña quen se adiantou de novo por medio de Dyego e de novo dende os 11 metros. Era o minuto 30 e os nosos poñían terra de por medio co 1-0.

Pero tralo paso polo vestiario, os visitantes reaccionaron, e Antonio no minuto 63 poñía o empate 1-1 batendo a Alexander. O encontro comezaba de novo. Pero nin cos trocos nin cos últimos axustes se moveu o electrónico e ao final dos 90 minutos, reparto de puntos.

A seguir traballando rapaces! Próxima xornada a Ponteareas, a buscar esta primeira victoria que se nos está a resistir!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Alexandre, Marcos, Carlos Dean, Rubén, Fernando, Aarón, Seydou, Dyego (Abel, min. 88), Carlos (Mateo, min. 75), Nico e Andrés (Víctor, min. 80).

Villalonga F.C.: Samu, Ricardo, Jose (Pedro, min. 63), Diego, Óscar, Matías, Cristian, Iker, Antonio, Sergio (Ricardo, min. 46) e Alberto (Maykel, min. 63).

Goles: 1-0 Dyego (penalty, min. 30); 1-1 Antonio (min. 63).

Árbitro:  D. Jesús Piñeiro, auxiliado por D. Alberto Álvarez e D. Andrés Ferro. Amonestou a Andrés polo Moraña e a Riardo polo Porriño.

Compárteo!

Deixa un Comentario