• Os nosos caen no Buelo a pesares de adiantarse no marcador.

  • Os visitantes lograron os tres puntos cun xogador menos.

Xornada décimo sexta, xa só dúas para rematar esta fase regular de Liga antes da fase de ascenso á Preferente. Os nosos recibían no Buelo a A Lama S.D. nun encontro que se prometía vibrante. E non decepcionou.

Tras un primeiro treito de partido moi disputado, xusto antes do descanso chegou un momento chave. Penalti a favor do Moraña e expulsión dun xogador dos visitantes. Dyego batía a Jose Manuel dende os 11 metros e os nosos ían ao descanso con esta vantaxe pola mínima e con superioridade numérica.

Na segunda metade, lonxe de sentenciar aproveitando as circunstancias, o Moraña non soubo xestionar o encontro. Adrián no 54 facía o empate, e nun córner, Cristian no 61 poñía vantaxe 1-2 para os visitantes. Os nervios ateigaron as pernas dos nosos, que pese a que o intentaron non foron quen de marcar. E o encontro rematou con este 1-2, perdendo tres puntos importantes para recortarlle ao líder, que pinchaba ante o Marcón.

Malia todo, xa clasificados para a esa fase de ascenso, aos nosos só lles queda pelexar por rematar esta fase o máis arriba posible para tentar a machada dun novo ascenso. Próxima parada, o C.D. Arcade.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Vidal, Fernando, David Grande, Dyego, Seydou, David Dios, Ferro, Luciano e Iván Goldar. Tamén xogaron Rubén, Pablo Grande, Iisidro, Anwaka e Chima.

A Lama S.D. : J. Manuel, Marcos, Steve, Santiago, Cristian, Adri, Pablo, Iván, David, Miguel, e Héctor. Tamén xogaron Plácido, Aarón, Hugo, Carlos e Luis Miguel.

Árbitro:  D. Manuel Outero, auxilidaro por D. Fernando Gonzáley e D. Kevin Rey. Amonestou a David Dios polo Moraña e a David, Adei, Santi, Miguel, Luis Miguel e Iván pola A Lama. Expulsou a Iván Vidal polo Moraña e a Pablo e Jose Manuel (adestrador) polo A Lama.

Compárteo!

Deixa un Comentario