• Victoria pola mínima para manterse na pelexa.

  • O gol de David Dios na primeira metade, deu os 3 puntos.

O Moraña chegaba a esta oitava xornada tras pinchar na anterior na súa visita ao Racelo e coa intención de volver a sumar de tres en tres para manterse na pugna dos primeiros postos. O rival, o C.D. Arcade, un conxunto que tamén buscaba sumar puntos para entrar nas catro primeiras posicións.

Neste encontro marcado pola igualdade, a chave estivo no gol de David Dios, tras unha xogada por banda dereita na que puido batir a Ángel, poñendo o 1-0 no minuto 18.

A pesar do tempraneiro deste gol e de que ámbolos equipos puxeron da súa parte, o marcador non se moveu, e este resultado foi o final. Con esta victoria, sumamos xa 16 puntos, a dous do liderato. O noso seguinte encontro será o vindeiro domingo ante o Marcón Atlético.

Sirva ademáis, esta victoria do Moraña C.F. coma sentida homenaxe a Ricardo de Mos, «Moha». Unha persona que estivo apoiando e axudando ao Moraña C.F. toda a súa vida e á que perdemos no día de hoxe. Grazas por todo, Richi, sabemos que dende hoxe seguirás animando e empuxándonos dende o ceo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Iván Vidal, Pablo Grande, David Grande, Álvaro, Julián, Seydou, David Dios, Ferro e Joaquín. Tamén xogaron Isidro, Dani Fontán, Abel, Anwaka e Iván Goldar.

C.D. Arcade: Ángel, Marcos, Juan, Lucas, Víctor, Martínez, Fer, Agustín, Tadeo, Aarón e Hugo. Tamén xogaron Diego, Javi, Gil, Adri e Edu.

Árbitro:  D. Marcos Campos, auxiliado por D. Rubén Covelo e Doña Mariña Martínez. Amonestou a David Grande, Iván Vidal, Seydou, Julián, Álvaro e Fabio polo Moraña, e a Tadeo, Agustín e Víctor polo Arcade.

Goles: 1-0 David Dios (min. 18)

Compárteo!

Deixa un Comentario